Río Noguera Ribagorzana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Noguera Ribagorzana | |
|
A Noguera Ribagorzana no encoro de Cavallers |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Barranco de Mulleres (Lleida) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 133 km |
| Caudal medio | 21,7 m³/s |
| Conca | 2.045,6 km² |
| Desembocadura | Río Segre |
A Noguera Ribagorzana (en catalán: Noguera Ribagorçana) é un río de España, do nordés da península Ibérica, que nace nos Pireneos e é afluente do río Segre, á súa vez afluente do río Ebro. O seu curso transcorre polas provincias de Lleida e Huesca.
Nace no val de Barravés, no Val de Arán, e desemboca no Segre no municipio de Corbins (Lleida). Hai no seu percorrido tres encoros: Escales, Canelles e Santa Anna, que producen enerxía hidroeléctrica e dan auga aos canles de Pinyana e ao de Cataluña e Aragón.
Durante a maior parte do seu percorrido fai de fronteira entre as comunidades de Cataluña e Aragón.