Río Arba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Arba
O Arba en Luesia
PaísEspaña
NacementoSerra de Santo Domingo (Zaragoza)
Lonxitude96 km
Conca2.249 km²
DesembocaduraRío Ebro

O Arba é un río de España, o principal afluente do río Ebro pola marxe esquerda en Aragón. En realidade, aínda que na súa desembocadura trátase dun único río, o río Arba está formado pola unión doutros dous, chamados tamén Arba, o Arba de Biel e o Arba de Luesia, que recollen en ambos os casos augas procedentes das serras prepirenaicas, concretamente da serra de Luesia, chamada de Santo Domingo.

Características[editar | editar a fonte]

O Arba de Biel nace na vertente sur da serra de Santo Domingo. Flúe cara ao sur por un val encaixado ata Luna onde se abre ao entrar na chaira de Cinco Villas. En Erla xira en dirección oeste, pechando polo sur o centro urbano da vila de Ejea de los Caballeros, ata o seu encontro, pouco máis adiante, co Arba de Luesia. Á súa vez, o Arba de Luesia nace na vertente sur da mesma Serra de Santo Domingo. Desde alí discorre en dirección suroeste ata Biota, onde se abre ao entrar na chaira tomando rumbo sueste cara a Ejea, onde se atopa cos do Arba de Biel e o Riguel.

Unha vez unidos o Arba de Luesia e o Arba de Biel, pouco máis abaixo do centro urbano de Ejea, a canle do Arba atravesa pártea sur do termo municipal desta vila e cruza de norte a sur todo o termo de Tauste, ata desembocar no río Ebro, finalmente, en Gallur.