Los Monegros
Los Monegros é unha comarca aragonesa dividida entre as provincias de Zaragoza e Huesca. A súa capital é Sariñena. É coñecida polo seu clima semi-desértico, que comporta sequías crónicas.
Índice |
Xeografía [editar]
A serra de Alcubierre cruza a comarca de noroeste a sueste, alcanzando a súa maior altura no monte Oscuro, con 822 m. O clima é semiárido con escasa pluviosidade e altas temperaturas no verán. Hai moitas lagoas, salgadas e balsas, que forman o complexo endorreico máis importante de Europa. Destacan a lagoa de Sariñena e a da Praia.
Limita ao norte coa Hoya de Huesca, ao leste co Somontano de Barbastro, o Cinca Medio e o Bajo Cinca, ao oeste coa comarca de Zaragoza e ao sur coa Ribera Baja del Ebro e o Bajo Aragón-Caspe.
Turismo [editar]
Entre o seu patrimonio artístico destaca o Mosteiro de Sigena e a Cartuja de Nuestra Señora de las Fuentes.
En decembro de 2007 fíxose público que nos Monegros estaba previsto construír o macrocomplexo de lecer Gran Scala que, con varios parques temáticos e casinos, sería un dos principais centros de lecer de Europa, aínda que o proxecto non parece prosperar, senón que está en punto morto.
Concellos [editar]
| Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2011) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
|---|---|---|---|
| Albalatillo | 9,1 | 237 | |
| Albero Bajo | 22,2 | 109 | |
| Alberuela de Tubo | 20,8 | 355 | |
| Alcubierre | 115,3 | 439 | |
| La Almolda | 131,3 | 615 | |
| Almuniente | 37,6 | 550 | |
| Barbués | 19,6 | 96 | |
| Bujaraloz | 120,9 | 1.048 | |
| Capdesaso | 17,7 | 176 | |
| Castejón de Monegros | 165,3 | 649 | |
| Castelflorite | 34,8 | 128 | |
| Farlete | 104,1 | 435 | |
| Grañén | 124,0 | 1.988 | |
| Huerto | 86,7 | 267 | |
| Lalueza | 88,2 | 1.089 | |
| Lanaja | 183,7 | 1.381 | |
| Leciñena | 178,6 | 1.339 | |
| Monegrillo | 183,2 | 472 | |
| Peñalba | 156,7 | 765 | |
| Perdiguera | 109,8 | 651 | |
| Poleñino | 33,0 | 224 | |
| Robres | 64,3 | 606 | |
| Sangarrén | 32,2 | 231 | |
| Sariñena | 275,6 | 4.402 | |
| Sena | 104,7 | 549 | |
| Senés de Alcubierre | 20,5 | 64 | |
| Tardienta | 90,6 | 998 | |
| Torralba de Aragón | 40,4 | 107 | |
| Torres de Barbués | 13,9 | 301 | |
| Valfarta | 33,2 | 90 | |
| Villanueva de Sigena | 146,4 | 478 | |
| 2.764,4 | 20.839 |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial (en castelán)
- Comarcas de Aragón, Los Monegros (en castelán)
- Comarcalización de Aragón, Los Monegros (en castelán)
- Información turística sobre Monegros (en castelán)