Ministerio de Medio Ambiente de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ministerio de Medio Ambiente de España era un antigo órgano de goberno da Administración Xeral do Estado creado trala chegada de Jose María Aznar á presidencia do Goberno no ano 1996, coa división en dous do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. Estivo encargado até 2008 da proposta e execución da política do Goberno en materia de conservación da natureza, desenvolvemento sostible, impacto ambiental e ordenación da flora, a fauna, os hábitats e os ecosistemas naturais, así como da colaboración coas Comunidades Autónomas para a realización das actuacións correspondentes nestas materias, a xestión e custodia do dominio público marítimo e terrestre e de todas as súas competencias actuais.

O MMA tamén se encargou da xestión das reservas hidráulicas e do Servizo Meteorolóxico Nacional. En 2008 as competencias deste ministerio pasan a ser asumidas polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España.

Ministros de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente[editar | editar a fonte]

Ministros de Medio Ambiente[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]