Río Ega
| Río Ega | |
|
O Ega en Estella |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Lagran (Álava) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 113 km |
| Caudal medio | 13,76 m³/s |
| Conca | 1.497 km² |
| Desembocadura | Río Ebro |
O Ega é un río de España, afluente do río Ebro, que discorre case por completo por Navarra.
Nace en Álava, preto de Lagran, terra que volve cruzar á altura de Santa Cruz de Campezo, onde se lle suman as augas do río Izki. Seguindo o seu curso, e en chan alavés, recibe as augas do río Istora Galbarra e, volvendo a Navarra, a dos arroios de Galbarra e Lazagorria. Preto das localidades de Abaigar e Labeaga súmanselle o Ubaria, o Sardegi e Zelaieta. Chegando a Estella recibe ao río Urederra, e pasada Estella, ao río Iranzu. Desemboca no río Ebro na localidade navarra de San Adrián.
Ao longo de 113 quilómetros drena unha superficie de 1.497 km², dos que 416 corresponden á provincia de Álava. O caudal medio do río Ega, ao seu paso por Estella, é de 13,76 m³/s, o que representa un achegue anual de 476 hm³.