Tortosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°48′45″N 0°31′16″E / 40.81250°N 0.52111°E / 40.81250; 0.52111

Tortosa
Bandera de Tortosa.svg Escudo de Tortosa.svg
Tortosa - La Suda.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Tortosa en Cataluña
Tortosa
Tortosa
Tortosa en Provincia de Tarragona
Tortosa
Tortosa
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Diputació copy.jpg Tarragona
Comarca Conca de Barberà
Xeografía
Altitude 14 msnm
Superficie 218,45 km²
Poboación
Poboación 33 932 hab. (2014)
Densidade 155,33 hab./km²
Xentilicio Tortosí, tortosina
Información
Código postal 43500
Alcalde Ferran Bel i Accensi (CiU)
Páxina web Páxina oficial

Tortosa é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Ebre, da que é capital.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O Ebro ao seu paso por Tortosa

É sé episcopal e constitúe un importante centro agrícola, comercial e industrial. O municipio constitúeno a cidade de Tortosa e as localidades de Jesús (constituída en Entidade Municipal Descentralizada desde 1994), Bítem, els Reguers, Campredó e Vinallop. Tortosa é cabeza de partido xudicial (ata 1923 foi distrito electoral, xunto a Roquetes e Gandesa, escollendo 1 deputado a Cortes desde 1846) e na actualidade teñen a súa sede nela boa parte dos servizos territoriais da Generalitat de Cataluña nas Terres de l'Ebre ao configurarse o seu territorio como vigairía.

O 31 de decembro de 2005 o padrón municipal de habitantes reflectía unha poboación de 36.430 habitantes. En novembro de 2007 ascendía a 39.774 habitantes (26,7% estranxeiros). Tortosa constitúe unha conurbación urbana coa veciña localidade de Roquetes agrupando a uns 40.000 habitantes.

Tortosa conta con numerosos restos de arquitectura militar, debido a súa situación estratéxica no baixo Ebro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tortosa Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]