Río Segre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segre
Lleida-Riu de Lleida.jpg
O Segre ao paso por Lleida
País Francia, España
Rexión n/d
Nacemento Pico do Segre
Altitude n/d
Lonxitude 265 km
Caudal medio 100,2 m³/s
Conca 22.579 km²
Desembocadura Río Ebro
Curso e bacía do Segre.
Gráfica do réxime do Segre, na estación da Seu d'Urgell.

O río Segre é un curso fluvial, afluente do Río Ebro pola súa beira esquerda, que desde o nacemento até a desembocadura, logo de 265 km de curso, atravesa territorios de dous países: Francia e España.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O sentido xeral do curso do Segre é de NL-SO. O Segre nace nos Pireneos, na ladeira setentrional do Pico do Segre, no circo de la Culassa, no concello de Llo, departamento dos Pyrénées Orientales, Francia, dentro da comarca que os cataláns denominan Alta Cerdaña. Logo de apenas 20 km de curso penetra en territorio catalán, preto de Puigcerdà, na provincia de Girona, para entrar logo na de Lleida, por onde transcorre a maior parte do seu percorrido, excepto uns poucos quilómetros, nos que entra en territorio administrativo aragonés (Zaragoza). Verte as súas augas no Ebro na localidade de Mequinenza, dentro da franxa de fala catalá de Aragón.

Réxime hídrico[editar | editar a fonte]

O réxime do Segre é de tipo nivo-pluvial (ver figura), con máximos de caudal nos meses primaverais a consecuencia do desxeo das masas xeadas e neves acumuladas nas alturas dos Pireneos principalmente, ás que hai que engadir as dos seus principais afluentes.

Afluentes principais[editar | editar a fonte]

Desde o nacemento até a desembocadura os tributarios principais son:

Poboacións nas ribeiras[editar | editar a fonte]

Destacan as seguintes poboacións situadas nas súas beiras: Puigcerdà, La Seu d'Urgell, Balaguer, Lleida, Aitona, Seròs e Mequinensa

Economía[editar | editar a fonte]

Nas augas do Segre érguense os encoros de Oliana, Rialb e Sant Llorenç de Montgai.

Do seu leito saen diversas canles e regos: a canle de Urgell, cos seus diversos ramais; a canle de Balaguer; a canle de Seròs, a canle de Aragón e Cataluña, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Segre