Río Najerilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Najerilla
O río Najerilla en Nájera
PaísEspaña
NacementoSerra de Neila
Lonxitude100 km
Conca1.090 km²
Caudal medio16,45 m³/s
DesembocaduraRío Ebro

O Najerilla é un río da comunidade autónoma da Rioxa, España, tributario do Ebro, pola súa marxe dereita, despois dun curso de 100 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Najerilla nace na Serra de Neila (Burgos) a uns 1.640 m de altitude, atravesa as comarcas de Anguiano e Nájera, cunha dirección principal sur-norte. Deasauga no Río Ebro, nas proximidades de Torremontalbo. É o río máis longo e caudaloso da Rioxa, con 16,45 m³/s. A súa bacía abrangue un total de 1.090 km².

Afluentes[editar | editar a fonte]

Entre os tributarios do Najerilla, curtos e de escaso caudal, cóntanse os ríos Urbión, Brieva, Cárdenas, Tobía e Yalde.

Localidades que atravesa[editar | editar a fonte]

As localidades importantes que baña este río son: Neila, Mansilla de la Sierra, Anguiano, Bobadilla, Baños de Río Tobía, Nájera e Torremontalbo.

Explotación[editar | editar a fonte]

No Najerilla hai unha presa, o encoro de Mansilla, cunha capacidade de 67,73 hm³ de auga.