Río Zadorra
| Río Zadorra | |
|
O Zadorra en Armiñon (Álava) |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Manantial de Los Corrales, San Millán (Álava) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 78,1 km |
| Caudal medio | 13,7 m³/s |
| Conca | 1.398 km² |
| Desembocadura | Río Ebro |
O Zadorra é un río de España, afluente do río Ebro, que discorre case por completo por Álava, desembocando entre as localidades de Miranda de Ebro (por cuxa beira realiza os escasos douscentos metros que fai de fronteira entre o País Vasco e Castela e León), e o municipio alavés de Zambrana.
Nace do porto de Opakua no manancial de Los Corrales, no termino municipal de San Millán, ao leste de Salvatierra, e diríxese ao noroeste para ser represado no encoro de Ullibarri-Gamboa tras recoller as augas do val de Barrundia.
O conxunto dos encoros de Ullibarri-Ganboa e Urrunaga supón unha capacidade de almacenamento de 220 hm³ de auga, utilizados fundamentalmente para a subministración de auga a Vitoria e a maior parte dos municipios do Gran Bilbao.
Os seus principais afluentes son os ríos Urquiola, Albina, Alegría, Zayas e Ayuda.