Río Guadalope
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Guadalope | |
|
O Guadalope en Alcañiz |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Serra de Gúdar (Teruel) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 160 km |
| Caudal medio | 4,83 m³/s |
| Conca | 3.890 km² |
| Desembocadura | Río Ebro |
O Guadalope é un río de España, o segundo afluente máis longo da marxe dereita do río Ebro tras o Jalón, tendo unha lonxitude de 160 km e unha conca hidrográfica de 3.890 km² aproximadamente.
Ten na súa canle os encoros de Santolea, Calanda e Civan en Caspe; así como a Estanca de Alcañiz e o encoro de Berge no seu afluente o Guadalopillo. Os seus afluentes son pola marxe dereita o río Bergantes, o Fortanete, o Bordón e o Mezquín e pola esquerda o río Aliaga e o Guadalopillo.
Nace na serra de Gúdar, preto das poboacións de Villarroya de los Pinares e Miravete de la Sierra (Teruel). Ao final do seu percorrido achega un caudal ao río Ebro de 58 hm³/ano aproximadamente.