Río Cinca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinca
Cinca Aínsa.jpg
O Cinca nos arredores de Aínsa
País España
Rexión n/d
Nacemento Lago de Pineta
Altitude n/d
Lonxitude 170 km
Caudal medio  ?
Conca 9.000 km²
Desembocadura Río Segre (Conca do Ebro)
Mapa coa conca do Cinca.

O río Cinca é un curso fluvial aragonés, o segundo máis caudaloso da comunidade autónoma. É un afluente do Segre pola súa beira dereita, e polo tanto un subafluente do Ebro.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Cinca nace nos Pireneos, no lago de Pineta a uns 2.500 msnm, baixo o pico de Tres Sorores, na comarca do Sobrarbe. O seu curso toma unha dirección N-S, aínda que vai devalando lixeiramente cara a oriente. Durante o seu curso medio atravesa localidades como Fraga, Monzón e Barbastro. Desauga no Segre á altura da Granja d'Escarp, poucos quilómetros antes da confluencia deste río co Ebro.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Pola dereita:

Pola esquerda:

Límite lingüístico[editar | editar a fonte]

O curso baixo do Cinca marca, actualmente, a fronteira lingüística entre o catalán e o castelán (no pasado co aragonés). Atravesa localidades importantes da Franja del Ponent (a zona lingüística catalá occidental) como son Fraga e Massalcoreig, a única poboación administrativamente catalá do seu curso.

Explotación[editar | editar a fonte]

No curso alto do Cinca están situados os encoros de Lo Grau e Mediano

Protección ambiental[editar | editar a fonte]

No seu curso alto nace dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. No lado catalán, a contorna do sistema Segre-Cinca está protexido como Espazo de Interese Natural.