Deltebre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arrozal en Deltebre.

Deltebre é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, na comarca do Baix Ebre. Formouse en 1981 pola unión dos municipios de Jesús i María e La Cava que, á súa vez, se sedgregaran de Tortosa en 1977. É a poboación máis próxima á desembocadura do río Ebro. Segundo o INE, no 2006 tiña 10.811 habitantes.

Índice

[editar] Historia

Coñécese pouco sobre a historia de Deltebre. Segundo a tradición, foron os moriscos os primeiros que se instalaron na zona. A mediados do século XVIII existían algúns asentamentos temporais na zona do delta.

En 1818 construíuse a igrexa de San Miguel da Cava e a poboación empezou a organizarse ao redor da mesma. O municipio formouse en 1977 por unión dos de Jesús i María e La Cava.

[editar] Cultura

O termo municipal inclúe tres espazos considerados de interese natural: a punta do Fangar, que inclúe un porto e unha praia; a lagoa da Canle Vella e a zona coñecida como o Garchal formada por pequenas illas.

Conta cun ecomuseo destinado a orientar aos visitantes que realizan excursións polo parque natural do Delta do Ebro.

Deltebre celebra a súa festa maior no mes de agosto. En maio ten lugar unha celebración en conmemoración da segregación do municipio.

Deltebre conta con dúas publicacións dirixidas á cidadanía: Desaigüe está destinada a toda a poboación en xeral, con noticias sobre a vila, a súa gastronomía, as actividades culturais e lúdicas, as novas construcións municipais, etc. I per què? erstá destinada á mocidade, con seccións de música, literatura, cultura e actividades por e para a xuventude.

[editar] Economía

A finais do século XIX, e tras a construción da canle do Ebro, o cultivo do arroz converteuse na principal actividade agrícola en Deltebre, converténdose practicamente nun monocultivo. Existen algunhas explotacións familiares de produtos da horta. Desde 1955 conta cunha cooperativa arroceira.

[editar] Cidades irmandadas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas