Río Cidacos
| Cidacos | |
|
O Cidacos en Arnedo |
|
| País | España |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Porto de Oncala (Soria) |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 82,8 km |
| Caudal medio | 2,70 m³/s |
| Conca | 696 km² |
| Desembocadura | Río Ebro |
O Cidacos é un río de España, afluente do río Ebro. Nace ao sur da poboación de Los Campos, en terras de Soria, xunto ao Porto de Oncala e percorre 77 km ata desembocar no río Ebro, nas proximidades da localidade rioxana de Calahorra. Pola súa marxe esquerda desembocan os afluentes Baos, Ostaza e Manzanares.
No seu transcurso atravesa ou queda á beira de varias poboacións de Soria, como Villar del Río ou Yanguas, e da Rioxa, como Enciso, Peroblasco, Arnedillo (onde o río recibe augas termais que dan lugar ao Balneario de Arnedillo), Santa Eulalia Somera e Bajera, Herce, Arnedo, Quel, Autol e Calahorra. Con todo, dado que a auga é embalsada varias veces (principalmente, no Pantano de Munilla, no río Manzanares, e na estanca do Perdiguero, xunto a Calahorra) e é usada para a rega das 4057 Ha de ricas hortas da zona, a Calahorra adoita chegar como seco, salvo nos meses máis húmidos do ano.
O río Cidacos, xunto co Ebro, foi durante moito tempo o eixo vertebrador da Rioxa Baixa, e a razón do antigo enclave de Calahorra. Nas localidades de Arnedo e Calahorra atopámonos cunhas zonas verdes denominadas Parque do Cidacos, situadas xunto á canle do río e á Vía Verde do Cidacos.
Segundo unha lenda San Emeterio e San Celedonio foron torturados e finalmente decapitados nun areal do río Cidacos, nos arredores de Calahorra.
Como curiosidade, cabe mencionar que existe na provincia de Navarra outro río homónimo, pero con diferente grafía, o río Zidacos.