Río Arga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arga
Rio Arga.JPG
O Arga en Pamplona
País España
Rexión n/d
Nacemento Urkiagan, Erro (Navarra)
Altitude n/d
Lonxitude 145 km
Caudal medio 59,76 m³/s
Conca 2.759 km²
Desembocadura Río Aragón

O Arga é un río de Navarra, que nace en Urkiagan, no concello de Erro, e desemboca no río Aragón preto de Funes. Dos seus 2.759 km² de conca, 2.652 pertencen a Navarra, e só 107 corresponden á cabeceira arabesa do seu afluente o río Araquil.

Os principais afluentes do río Arga son: Ulzama, Juslapeña, Araquil e Salado pola marxe dereita, e Urbi, Elorz e Robo pola marxe esquerda.