Andrew Bynum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrew Bynum
BynumLAL.jpg
Los Angeles Lakers – No. 17
Pivote
Información persoal
Nacemento 27 de outubro de 1987 (24 anos)
Flag of New Jersey.svg Plainsboro, Nova Jersey
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 129 kg (285 lb)
Instituto St. Joseph e West Windsor-Plainsboro High School North
Información da carreira
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 10

Escollido por Los Angeles Lakers

Carreira dende 2005
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
NBA All-Star (2012)
Información en nba.com

Andrew Lee Bynum, nado o 27 de outubro de 1987 en Plainsboro, New Jersey, é un xogador norteamericano de baloncesto que milita en Los Angeles Lakers da NBA.

Índice

[editar] Carreira

[editar] Instituto

Bynum asistiu ao Instituto West Windsor-Plainsboro en Plainsboro, pero foi transferido ao Instituto Solebury en New Hope, Pensilvania, tras o seu ano "freshman". Máis tarde, o seu último destino sería o Instituto St. Joseph en Metuchen, New Jersey. No seu ano senior, Bynum promedió 22 puntos, 16 rebotes e 5 tapóns por partido.

[editar] NBA

Aínda que principalmente tiña planeado ir á Universidade de Connecticut, Bynum presentouse ao Draft da NBA de 2005, sendo seleccionado polos Lakers na décima posición. Bynum converteuse no xogador máis novo na historia da NBA en ser drafteado, superando a Jermaine O'Neal, quen foi escollido por Portland Trail Blazers en 1996. Á hora da súa elección, Bynum contaba con 17 anos, 8 meses e 2 días. O 2 de novembro de 2005, Bynum xogou seis minutos no partido que lles enfrontaba a Denver Nuggets, e inmediatamente converteuse no xogador máis novo en xogar un encontro oficial da NBA, con 18 anos e 6 días. No partido, Bynum fallou os dous tiros que tentou, pero colleu dous rebotes e dous tapóns.

Memorable foi tamén o seu incidente con Shaquille O'Neal no partido ante Miami Heat do 16 de xaneiro de 2006, cando O'Neal machucou na cara do rookie, desprazándolle ao chan. Na seguinte posesión, Bynum recibiu o balón, e tras superar a defensa de O'Neal, realizou un mate, devolvéndolle a xogada. Bynum celebrouno e regresou ao seu campo para defender, á vez que empuxou a O'Neal, quen se revolveu golpeando no peito ao mozo dos Lakers. Ambos os xogadores recibiron unha técnica polo incidente.

Tras a súa selección no draft, os Lakers contrataron ao mítico Kareem Abdul-Jabbar como asistente especial dos xogadores interiores do equipo, en especial de Bynum. Cos pivotes Chris Mihm e Kwame Brown lesionados ao comezo da tempada 2006-07, Bynum comezou a campaña como o pivote titular do equipo, sorprendendo a moitos pola rapidez que desenvolvera as súas novas habilidades. En 82 partidos, 53 de titular, Bynum tivo unha media de 7,8 puntos e 5,9 rebotes, axudando aos Lakers a clasificarse para playoffs. Esta tempada está a ser unha xogador clave no gran inicio do seu equipo, cuns números de All-Star e demostrando que é o futuro pivote da segunda franquía máis laureada da historia da NBA, aínda que o mozo pivote sufriu recentemente unha lesión que o mantivo fóra das canchas durante tres meses, estando preparado a tempo para os playoffs.

Na tempada 2011-12, foi escollido por primeira vez para disputar o All-Star Game da NBA. Foi elexido coma o pivote titular da Conferencia Oeste.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas