Sasha Vujačić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sasha Vujačić
SashaVujacic.JPG
Laboral Kutxa  – No. 18
Escolta
Nacemento 8 de marzo de 1984 (30 anos)
Flag of SFR Yugoslavia.svg Maribor, Eslovenia, Iugoslavia
Nacionalidade Eslovenia Eslovenia
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Liga Flag of Spain.svg Liga ACB
Carreira dende 2001
Equipos

Flag of Italy.svg Snaidero Udine (2001–2004)
Flag of the United States.svg Los Angeles Lakers (2004–2010)
Flag of the United States.svg New Jersey Nets (2010–2011)
Flag of Turkey.svg Anadolu Efes (2011–2013)
Flag of the United States.svg Los Angeles Clippers (2014)
Flag of Italy.svg Reyer Venezia Mestre (2014)
Flag of Spain.svg Laboral Kutxa (2014–presente)

Premios Campión da NBA (20092010)

Aleksandar "Saša" Vujačić (en cirílico: Александар »Саша« Вујачић) é un xogador de baloncesto esloveno que xoga no Laboral Kutxa da Liga ACB. Naceu o 8 de marzo de 1984 en Maribor, Eslovenia. Mide 2,01 metros, e xoga de base e escolta. O seu pai é adestrador de baloncesto de Serbia Vaso Vujačić.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

A súa carreira profesional comezou moi pronto, cando só tiña 16 anos, idade coa que fichou polo Snaidero Udine, da Lega italiana. Alí xogou até 2004.

En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano con opción a un máis co Anadolu Efes S.K. de Turquía.[1][2]

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido no Draft da NBA de 2004 no posto 27 por Los Angeles Lakers, onde na actualidade completa a súa cuarta tempada. Ao longo destes anos, xogando dende o banco, tivo unha media de 9,9 puntos e 1,3 asistencias en apenas 15 minutos por partido que xoga. Na actualidade pasou a xogar de escolta onde pode explotar o seu gran lanzamento de longa distancia. O 25 de xullo de 2008 renovou o seu contrato cos Lakers por 15 millóns de dólares en tres anos. Despois de asinar ese contrato por tres anos cos Lakers, a súa achega e os seus números descenderon.

O 15 de decembro de 2010, Vujačić foi traspasado aos New Jersey Nets nun traspaso entre tres equipos, os Nets, os Lakers e os Houston Rockets. Nos Nets, Vujačić encontrouse co seu antigo compañeiro nos Lakers, Jordan Farmar.[3] Ao levar Ben Uzoh o dorsal 18, Vujačić cambiou o seu número polo 20.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]