Luke Walton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luke Walton
Luke Walton1.jpg
Cleveland Cavaliers – No. 4
Aleiro
Información persoal
Nacemento 28 de marzo de 1980 (33 anos)
Flag of California.svg San Diego, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 107 kg (235 lb)
Instituto University of San Diego High School
Información da carreira
Universidade Arizona
NBA Draft 2006 / Rolda: 2 / Elección: 32

Escollido por Los Angeles Lakers

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2003-2012)
Cleveland Cavaliers (2012-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
Información en nba.com

Luke Theodore Walton, nado o 28 de marzo de 1980 en San Diego, California, é un xogador de baloncesto estadounidense que actualmente xoga no equipo de Cleveland Cavaliers da NBA. É fillo do mítico xogador dos 80 Bill Walton. Mide 2,03 metros e xoga de aleiro.

Índice

Traxectoria deportiva [editar]

Universidade [editar]

Walton xogou durante catro tempadas nos Wildcats da Universidade de Arizona. A súa mellor tempada foi a terceira, como junior, que conseguiu unhas estatísticas de 15,7 puntos, 7,3 rebotes, 6,3 asistencias e 1,6 roubos de balón. se graduou en 2002.

Profesional [editar]

Foi elixido no Draft da NBA de 2003, no posto 32 da segunda rolda, por Los Angeles Lakers. Durante as súas tres primeiras tempadas, apenas dispuxo de minutos para demostrar a súa valía. Está considerado como un xogador dun enorme potencial de recursos técnicos, polivalente e áxil, e por fin na tempada 2006-07 conseguiu dispor de minutos e unha media de 11,6 puntos, 4,8 rebotes e 4,3 asistencias. Na tempada 2007/08 gañou co seu equipo as finais de conferencia fronte a San Antonio, aínda que perderon as finais fronte aos Boston Celtics.

Na tempada 2008/09, coa saída do equipo de Vladimir Radmanović, recuperou a titularidade, sumou máis minutos e colaborou en lograr o anel para a franquía de California.

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto a unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 a cambio de Ramon Sessions, Christian Eyenga.[1]

Curiosidades [editar]

  • No brazo dereito loce unha tatuaxe, the dancing skeletons, así rende tributo á mítica banda californiana: The Grateful Dead.
  • O seu nome, aínda que haxa xente que pense que provén do personaxe de Star Wars Luke Skywalker xa que ao seu pai púñanlle a música da película cada vez que anotaba unha canastra, en realidade é unha homenaxe de Bill Walton ao seu amigo e compañeiro de equipo Maurice Lucas.
  • A persoa que máis admira é a súa nai por coidar del e os seus irmáns.
  • Goza escoitando a Grateful Dead, Bob Dylan e Rolling Stones.
  • É fillo de Susie e Bill Walton.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]