Vladimir Radmanović
| Chicago Bulls – No. 77 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de novembro de 1980 (32 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Información da carreira | |
| Pre-draft club | KK Železnik |
| NBA Draft | 2001 / Rolda: 1 / Elección: 12
Escollido por Seattle SuperSonics |
| Carreira | dende 1997 |
| Historial de equipos | |
| KK Crvena Zvezda (1997–2001) KK Železnik (2001) Seattle SuperSonics (2001–2006) Los Angeles Clippers (2006) Los Angeles Lakers (2006-2009) Charlotte Bobcats (2009) Golden State Warriors (2009-2011) Atlanta Hawks (2011-2012) Chicago Bulls (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Vladimir Radmanović (en cirílico: Владимир Радмановић), nado o 18 de novembro de 1980 en Trebinje, na antiga Iugoslavia, é un xogador de baloncesto serbio que na actualidade xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA). Mide 2,08 metros e xoga de aleiro.
Índice |
Traxectoria deportiva[editar]
Inicios[editar]
Radmanović xogou na súa mocidade nos equipos serbios do Estrela Vermella de Belgrado e do KK Železnik. Alí permaneceu até 2001, data na que foi elixido no Draft da NBA.
NBA[editar]
Foi elixido na duodécima posición do Draft da NBA de 2001 polos Seattle Supersonics. Tras ter unha media de 6,7 puntos e 3,8 rebotes por partido, foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies do ano. O catro seguintes tempadas tamén as xogaría cos Sonics, onde a súa progresión foi evidente, chegando practicamente a duplicar as cifras do seu ano de novato. Chegou a ser candidato ao premio ao Xogador con Maior Progresión en 2004, tras ter unha media de máis de 12 puntos xogando como sexto home. O 26 de xaneiro de 2005 anotou oito triplas contra os Los Angeles Lakers, o máximo da súa carreira até o momento.
Despois de expresar a súa frustración por non conseguir o posto de titular en Seattle, foi traspasado a Los Angeles Clippers a cambio de Chris Wilcox, onde fixo un gran final de tempada, conseguindo os seus mellores resultados en rebotes e asistencias, así como unha gran porcentaxe do 41,8% en tiros de tres puntos. En xullo de 2006, aceptou un contrato de 31 millóns de dólares por cinco anos con Los Angeles Lakers, a pesar de que os Clippers igualaban esa oferta. Porén, foi persuadido para unirse aos Lakers equipo da cidade por Kobe Bryant, Phil Jackson, Magic Johnson e o seu bo amigo Vlade Divac.
Durante o descanso do All-Star Weekend desa tempada, presentouse cunha lesión no ombreiro, dicindo que se produciu ao caerse nunha placa de xeo en Utah, o que lle provocou oito semanas de inactividade. Pero pouco despois revelou que a lesión realmente produciuse facendo snowboard, polo cal foi duramente multado polo club, ao practicar actividades perigosas. De todos os xeitos, acabou a tempada cunha media de 6,6 puntos e 3,3 rebotes por partido.
O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio de Adam Morrison e Shannon Brown.[1] O 16 de novembro de 2009, Radmanovic foi traspasado a Golden State Warriors xunto con Raja Bell a cambio de Stephen Jackson e Acie Law.[2]
O 10 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks.[3] No seu primeiro partido cos Hawks o 26 de decembro de 2011, Radmanović anotou 17 puntos, roubou 4 balóns e repartiu 5 asistencias en 27 minutos de xogo.
O 19 de xullo de 2012, Radmanović asinou un contrato dun ano cos Chicago Bulls.[4]
Trivia[editar]
- Fillo de Stevan e Andjelka Radmanovic, ten unha irmá maior chamada Tatjana.
- Xogou ao fútbol antes de medrar en demasía.
- Alguén voou sobre o niño do cuco é a súa película favorita.
- Michael Jordan é o seu ídolo.
- Mantense en contacto coa súa familia e amigos en Serbia a través de Internet.
Notas[editar]
- ↑ Radmanovic traded for Morrison, Brown
- ↑ Bobcats acquire Stephen Jackson and Acie Law from Warriors
- ↑ Hawks sign veteran forward Radmanovic
- ↑ "Bulls sign free agent forward Vladimir Radmanovic". NBA.com. 2012-07-19. http://www.nba.com/bulls/news/bulls-sign-free-agent-forward-vladimir-radmanovic.html. Consultado o 2009-07-20.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||
- Xogadores de baloncesto de Serbia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Aleiros de baloncesto
- Xogadores Seattle SuperSonics
- Xogadores Los Angeles Clippers
- Xogadores Los Angeles Lakers
- Xogadores Charlotte Bobcats
- Xogadores Golden State Warriors
- Xogadores Atlanta Hawks
- Xogadores Chicago Bulls
- Eleccións draft Seattle SuperSonics
- Nados en Trebinje