Derek Fisher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Derek Fisher
Derek Fisher.jpg
Oklahoma City Thunder – No. 6
Base
Información persoal
Nacemento 9 de agosto de 1974 (39 anos)
Flag of Arkansas.svg Little Rock, Arcansas
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso 95 kg (210 lb)
Instituto Parkview Arts and Science Magnet
Información da carreira
Universidade Arkansas-Little Rock (1992–1996)
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 24

Escollido por Los Angeles Lakers

Carreira dende 1996
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (1996–2004)
Golden State Warriors (2004–2006)
Utah Jazz (2006–2007)
Los Angeles Lakers (2007-2012)
Oklahoma City Thunder (2012)
Dallas Mavericks (2012)
Oklahoma City Thunder (2013-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2000-2002, 2009-2010)
Información en nba.com

Derek Lamar Fisher, nado o 9 de agosto de 1974 en Little Rock, Arkansas, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Fisher graduouse en 1992 no instituto Parkview Arts and Science Magnet en Little Rock, Arkansas para pasar máis tarde á Universidade de Arkansas at Little Rock. Debutou na tempada 1992-93, cunhas medias boas para un "freshman" (debutante) de 7,2 puntos, 3,3 rebotes e 3,4 asistencias. En cada unha das súas catro tempadas en UALR incrementou as súas prestacións tanto en rebotes como en asistencias. Como "sophomore" (segundo ano), na 1993-94, mellorou sensiblemente con 10,1 puntos, 3,9 rebotes e 3,6 asistencias, dando o salto de calidade nos seus anos junior e senior. Callou a súa mellor tempada como junior con 17,7 puntos, 5 rebotes e 4,6 asistencias. Na tempada 1995-96, como senior, decreceu a súa estatística en puntos con 14,5, con todo mellorou tanto en rebotes, 5,2, como en asistencias, 5,2. Nesa, a súa última tempada, foi elixido Xogador do Ano na Sun Belt Conference. Finalizou o seu periplo universitario en Arkansas-Little Rock como segundo anotador histórico con 1.393 (aínda que agora é 3º), tamén en asistencias (472) e roubos (189). Tivo unha media de 12,4 puntos, 4,4 rebotes e 4,2 asistencias nos seus 112 encontros.

NBA[editar | editar a fonte]

Fisher foi elixido por Los Angeles Lakers no posto 24 de 1ª rolda do draft de 1996. No equipo anxelino viviu tódolos grandes éxitos da súa carreira e alí pasou as súas oito primeiras tempadas na NBA, dende a campaña 1996-97 até a 2003-04. Con Lakers até ese intre gañara tres aneis (2000, 2001, 2002) e foi peza importante na recta final da súa primeira etapa nos Ánxeles. Asinou tres tempadas consecutivas con dobres díxitos. Na tempada 2000-01 tivo unha media de 11,5 puntos, 3 rebotes e 4,4 asistencias, na 2001-02 foron 11,2 puntos, 2,1 rebotes e 2,6 asistencias, e na 2002-03, 10,5 puntos, 2,9 rebotes e 3,6 asistencias.

Etapa post-Lakers[editar | editar a fonte]

Acabada a tempada 2003-04, Fisher converteuse en axente libre. A pesar de que Fisher era un xogador moi valorado en Lakers, con Gary Payton e Karl Malone no equipo, o seu protagonismo viuse reducido. Lakers ofreceu un contrato de 15 millóns durante tres anos, moi inferior ao que ofrecía Golden State Warriors, 37 millóns en 6 anos e moitos máis minutos. Á parte disto, foi clave na decisión o feito de que Lakers perdese a Phil Jackson, Shaquille O'Neal e Karl Malone de face á próxima tempada, polo que as opcións de volver loitar polo anel eran mínimas.

O 16 de xullo de 2004 Fisher asinou con Golden State Warriors. Isto produciuse só horas antes de que Kobe Bryant anunciase a súa renovación con Los Angeles Lakers, de modo que Kobe tentou chamar a Derek para que volvese ao equipo pero xa foi demasiado tarde. Cos Warriors, Fisher esperaba ser a base titular, pero pronto se fixeron con Baron Davis, que relegou a Derek á suplencia. Aínda así, a tempada de Fisher foi boa, con 11.9 puntos, 2.9 rebotes e 4.1 asistencias. A súa 2ª tempada en Golde State, a 2005-06, foi a mellor estatisticamente falando, con 13.6 puntos, 2.6 rebotes e 4.3 asistencias.

Con todo, o 12 de xullo de 2006 foi incluído nun trade que lle mandaba a Utah Jazz a cambio de Devin Brown, Keith McLeod e Andre Owens. Cos Jazz alcanzou as finais de conferencia e gozou dunha boa tempada regular con 10.1 puntos, 1.8 rebotes e 3.3 asistencias. En Utah viviu outra gran experiencia en playoffs, era o 2º partido das semifinais de conferencia fronte ao seu ex-equipo, Golden State Warriors. Fisher estivo a mesma mañá do partido en New York, coa súa filla Tatum de 10 meses e que recibe un tratamento especial contra o cancro, pero iso non foi óbice para que pola tarde chegase a Salt Lake City e non só chegar a tempo para xogar unha prórroga, senón para ser decisivo no triunfo do seu equipo. Fisher esqueceu os problemas familiares para conseguir un triplo e dous tiros desde a liña de persoal que sentenciaron o marcador final. Con 1:06 minutos para que concluísen o cinco minutos da prórroga, Fisher anotou o triplo que puxo un parcial de 123-117 co que os Jazz rompían o marcador; 19 segundos despois selaba a vitoria con dous tiros de persoal para o definitivo 127-117 e os Jazz alzábanse coa segunda vitoria na eliminatoria e un 2-0 case definitivo. En xullo de 2007, Fisher regresou aos Lakers tras tres tempadas lonxe do equipo californiano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]