Mehmet Okur
| Pivote/Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de maio de 1979 (33 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 118 kg (260 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2001 / Rolda: 2 / Elección: 37
Escollido por Detroit Pistons |
| Carreira | dende 2005 |
| Historial de equipos | |
| Premios e galardóns | |
| 1× Campión da NBA (2004) 1× NBA All-Star (2007) |
|
| Información en nba.com | |
Mehmet Murat Okur, nado o 26 de maio de 1979 en Yalova, é un xogador turco de baloncesto profesional.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
NBA [editar]
Okur foi seleccionado na 37ª posición do Draft da NBA polos Detroit Pistons.[1] Xogou dúas tempadas en Detroit, onde gañou un campionato da NBA na tempada 2003-04, e se convertiu no primeiro xogador turco en gañar a NBA.
Debido ás limitacións salariais dos Pistons, non puideron ofrecerlle un bo contrato, e asinou cos Utah Jazz un contrato por cinco anos. Xogou os 82 partidos nas dúas primeiras tempadas cos Jazz, e na terceira, seguiu sendo unha peza moi importante do equipo de Utah. O 12 de xaneiro de 2009, conseguiu a maior anotación da súa carreira, ó anotar 43 puntos contra os Indiana Pacers.
O 22 de decembro de 2011, Okur foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[2]
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Shawne Williams e unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Gerald Wallace.[3] Foi cortado por Portland o 21 de marzo de 2012.[4]
Turquía [editar]
En setembro de 2011, asinou un contrato co Türk Telekom B.K.. Dito contrato tiña unha cláusula que lle permitía volver á NBA unha vez rematara o lockout de 2011.[5]
Notas [editar]
- ↑ Draft Profile: Mehmet Okur Consultado o 18 de febreiro de 2007
- ↑ "NETS Acquire Mehmet Okur". NBA.com. 2011-12-22. http://www.nba.com/nets/news/nets_acquire_mehmet_okur_2011_12_22.html. Consultado o 2011-12-23.
- ↑ Nets Get Wallace From Blazers
- ↑ "Trail Blazers Claim JJ Hickson Off Waivers". NBA.com. 2012-03-21. http://www.iamatrailblazersfan.com/PressReleaseDisplay/tabid/297/ItemID/3011/Default.aspx. Consultado o 2012-03-22.
- ↑ Utah Jazz: Mehmet Okur signs with Turkish team
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||
|
||||||||