Shannon Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shannon Brown
Shannon Brown Naval Medical Center.jpg
Phoenix Suns – No. 12
Escolta
Información persoal
Nacemento 29 de novembro de 1985 (27 anos)
Flag of Illinois.svg Maywood, Illinois
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Instituto Proviso East High School
Información da carreira
Universidade Michigan State
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 25

Escollido por Cleveland Cavaliers

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2006-2008)
Chicago Bulls (2008)
Charlotte Bobcats (2008-2009)
Los Angeles Lakers (2009-2011)
Phoenix Suns (2011-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
Información en nba.com

Shannon Brown, nado o 29 de novembro de 1985 en Maywood, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto que xoga nos Phoenix Suns da NBA.

Índice

Traxectoria [editar]

High School [editar]

Brown asistiu ao Proviso East High School en Maywood, onde compartiu equipo con Dee Brown, xogador de Utah Jazz. En 2003, Brown foi nomeado "Illinois Mr. Basketball" e foi incluído no McDonald's All-American.

Universidade [editar]

Brown xogou ao baloncesto universitario con Michigan State Spartans. Foi incluído no segundo equipo do All-Big Ten na súa etapa junior e no All-Big Ten defensivo. No seu ano junior tivo unha media de 17,2 puntos por partido e 4,4 rebotes.

NBA [editar]

Foi seleccionado por Cleveland Cavaliers na 25ª posición do Draft de 2006. No seu primeiro ano na liga xogou pouco, aparecendo en cancha en só 23 encontros, 5 deles de titular, e cunha media de 3,2 puntos por partido. Xa na súa segunda tempada as súas medias chegaron case aos 10 puntos por partido, duplicando en número de minutos.

O 21 de febreiro de 2008 foi traspasado a Chicago Bulls nun traspaso a tres bandas entre os Bulls, os Cavaliers e Seattle Sonics. Xunto con el, chegaba ao equipo Cedric Simmons, Drew Gooden e Larry Hughes. O 6 de agosto de 2008 asinou un contrato dun ano con Charlotte Bobcats.

O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado xunto con Adam Morrison a Los Angeles Lakers a cambio de Vladimir Radmanović.[1]

O 9 de decembro de 2011 foi fichado polos Phoenix Suns coma axente libre.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]