Shane Battier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shane Battier
Posición Ala / Ala-pivote
Dorsal 31
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 100 kg (220 lb)
Nacemento 9 de setembro de 1978 (36 anos)
Flag of Michigan.svg Birmingham, Míchigan
Carreira
Tempadas 20012014
NBA Draft 2001 / Rolda: 1 / Elección: 6

Escollido por Vancouver Grizzlies

Universidade Duke (1997–2001)
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     8 408 (8,6 pp)
Rebotes     4 082 (4,2 pp)
Asistencias     1 717 (1,8 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Shane Courtney Battier, nado o 9 de setembro de 1978 en Birmingham, Míchigan, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,03 metros de altura, e xogaba nas posicións de ala e ala-pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Battier foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Vancouver Grizzlies, ó mesmo tempo que os Grizzlies estaban en proceso de trasladarse de Vancouver a Memphis. Xogou cinco anos en Memphis antes de ser traspasado ós Houston Rockets o 28 de xuño de 2006 a cambio de Stromile Swift e a 8ª elección do Draft de 2006 dos Rockets, Rudy Gay.[1] Durante a tempada 2010-11 foi traspasado de novo ós Grizzlies.

O 9 de decembro de 2011, asinou cos Miami Heat,[2] onde conseguiu o seu primeiro anel de campión da NBA na tempada 2011-12, tras gañar ós Oklahoma City Thunder. Na 2012-13, os Heat conseguiron de novo o anel de campións ó gañar ós San Antonio Spurs por 4-3. En marzo de 2014, Battier anunciou a súa decisión de retirarse ó rematar a tempada 2013-14.[3] Os Heat chegaron ás Finais por cuarto ano consecutivo, o terceiro ano para Battier, pero desta vez caeron en cinco partidos contra os Spurs. Tras a derrota no quinto partido, Battier anunciou oficialmente a súa retirada tras 13 tempadas na NBA.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]