Mia Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mia Couto

António Emílio Leite Couto, coñecido como Mia Couto, nado en Beira en 1955, é un escritor e xornalista mozambicano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de portugueses[1] que emigraran para Mozambique en mediados do século XX, Mia naceu e foi escolarizado na Beira. Con catorce anos de idade, publicou algúns poemas no xornal Notícias da Beira e tres anos despois, en 1971, mudouse para a cidade capital de Lourenço Marques (que agora se chama Maputo). Iniciou os estudos universitarios en medicina mais abandonou esta área no principio do terceiro ano, pasando a exercer a profesión de xornalista despois do 25 de abril de 1974. Traballou na Tribuna até a destrución das súas instalacións en setembro de 1975 por colonos unionistas contrarios á independencia. Foi nomeado director da Axencia de Información de Mozambique (AIM) e formou unións de corresponsais entre as provincias mozambicanas durante o tempo da guerra de liberación. A seguir traballou como director da revista Tempo até 1981 e continuou a carreira no xornal Notícias até 1985. En 1983, publicou o seu primeiro libro de poesía, Raiz de Orvalho, que inclúe poemas contra a propaganda marxista militante[2]. Dous anos despois, dimitiu do cargo de director para continuar os estudos universitarios de bioloxía.

Alén de considerado un dos escritores máis importantes de Mozambique e é o escritor mozambicano máis traducido. En moitas das súas obras, Mia Couto tenta recrear a lingua portuguesa cunha influencia mozambicana, utilizando o léxico de varias rexións do país e producindo un novo modelo de narrativa africana. Terra Sonâmbula, o seu primeiro romance, publicado en 1992, gañou o Premio Nacional de Ficción da Asociación dos Escritores Mozambicanos en 1995 e foi considerado un dos doce mellores libros africanos do século XX por un xurado creado pola Feira do Libro do Zimbabue. En 2007 foi entrevistado pola revista Isto É[3]. Foi fundador dunha empresa de estudos ambientais da cal é colaborador[4].

Obra[editar | editar a fonte]

Moitos dos libros de Mia Couto son publicados en máis de 22 países e traducidos en alemán, francés, español, catalán, inglés e italiano.

  • Raiz de Orvalho (poesía, 1983)
  • Vozes Anoitecidas (relatos, 1986)
  • Cada Homem é uma Raça (relatos, 1990)
  • Cronicando (crónicas, 1991)
  • Terra Sonâmbula (novela, 1992)
  • Estórias Abensonhadas (relatos, 1994)
  • A Varanda do Frangipani (novela, 1996)
  • Contos do nascer da terra (relatos, 1997)
  • Mar me quer (novela, 1998)
  • Vinte e Zinco (novela, 1999)
  • O Último Voo do Flamingo (novela, 2000)
  • O Gato e o Escuro (libro infantil, 2001)
  • Na Berma de Nenhuma Estrada e Outros Contos (relatos, 2001)
  • Um Rio Chamado Tempo, Uma Casa Chamada Terra (novela, 2002)
  • Contos do Nascer da Terra (relatos, 2002)
  • O país do queixa andar (crónicas, 2003)
  • O fio das missangas (relatos, 2003)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Biografía no site do Teatro D. Maria.
  2. Chabal, Patrick. ‘’Vozes Moçambicanas’’. Vega: Lisboa, 1994. (274-291)
  3. Furtado, Jonas (2007-09-26). "Entrevista a Mia Couto". Revista Isto É (Editora Três). http://www.terra.com.br/istoe/edicoes/1978/artigo62007-1.htm. Consultado o 2009-12-01.
  4. Mia Couto Biografia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]