José Craveirinha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José João Craveirinha (Maputo, 1922 - 2003) é un escritor e xornalista mozambicano.
De pai portugués e nai ronga, colaborou en xornais como O Brado Africano, Notícias, Tribuna, Notícias da Tarde, Voz de Moçambique, Notícias da Beira, Diário de Moçambique e Voz Africana, foi presidente da Asociación Africana de Escritores e entre 1965 e 1969 estivo na cadea pola súa militancia na FRELIMO.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Xigubo, 1964 (poesía)
  • Karingana ua karingana, 1974 (poesía)
  • Maria, 1988 (poesía)