Alhazen
Abu Ali al-Hasan Ibn Al-Haitham, latinizado como Alhazen, nado en Basora en 965 e finado no Cairo en 1040, foi un matemático e astrónomo árabe.
Traxectoria [editar]
Físico e matemático árabe, Alhazen foi pioneiro no estudo da óptica, enxeñería e astronomía. Segundo Giambattista della Porta, foi o primeiro en explicar o fenómeno dos corpos celestes no horizonte, aínda que Roger Bacon atribúe este descubrimento a Ptolomeo.
O seu tratado de óptica Kitab al-Manazir foi traducido ao latín por Witelo en 1270, a obra gozou de gran reputación durante a Idade Media. O libro de Alhazen é posiblemente o traballo máis antigo en usar o método científico: Alhazen empregou os resultados de experimentos para probar as súas teorías. A influencia de Alhazen chegou ata Francis Bacon e Johannes Kepler.