Artigo científico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Número de artigos científicos anuais (1980-2012).[1]

Un artigo científico (coñecido polo anglicismo paper polos investigadores) é un traballo de investigación relativamente breve destinado á súa publicación en revistas especializadas.

Debe estar coidadosamente redactado para evitar cambios de tema innecesarios, para lograr expresar dun modo claro e sintético o que se pretende comunicar, e para que inclúa as citas e referencias indispensábeis.

En moitas ocasións os artigos científicos son sínteses de informes ou teses de maior envergadura, que orientan a quen poida estar interesado en consultar a obra orixinal.

Ás veces a palabra inglesa paper posúe unha acepción algo máis ampla, pois inclúe tamén aos relatorios.

Estrutura típica[editar | editar a fonte]

Os artigos que se encontran nas revistas científicas, seguen o esquema IMRAD (Introduction, Methods and Materials, Results e Discussion — Introdución, Materiais e métodos, Resultados e Discusión), que foi establecido polo ICMJE (International Comitee of Medical Journals Editors — Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas).

O artigo científico é un texto de carácter académico que exixe o cumprimento de normas específicas tanto na súa estrutura xeral como no seu contido. Estes aspectos fundamentais están determinados polo tipo de lectores e polo medio de divulgación. Cobre unha extensa variedade de temas relacionados coa investigación nas diversas disciplinas do coñecemento. Así o uso do vocabulario especializado e o ton formal en que se escribe facilitan o acceso á información e, por conseguinte, a súa compresión.

Resumo[editar | editar a fonte]

O resumo (coñecido tamén co termo inglés abstract) aparece inmediatamente despois do título do artigo, e redactado en tres ou, polo menos, dous idiomas: aquel no que está escrito o artigo, e en inglés.

Presenta:

  • o contexto do estudo
  • o propósito do estudo
  • os procedementos básicos (selección de suxeitos do estudo ou animais de laboratorio, os métodos observacionais ou analíticos etc.)
  • os descubrimentos principais (dando tamaños específicos dos efectos e a súa importancia estatística, se for posíbel)
  • as conclusións principais.

Debe salientar os aspectos novos ou importantes do estudo ou das observacións.

En sitios de busca (como PubMed) ou en revistas con licenzas, o resumo é o único que se mostra dun artigo científico.

Introdución[editar | editar a fonte]

A introdución presenta o tema a tratar no artigo e adoita responder á pregunta do por que se realizou o estudo. Adoita non ter máis de dous prágrafos e ás veces inclúe un compendio das últimas pescudas no tema.

Características xerais

  • 1. Permite a flexibilidade e variedade temática, de igual maneira parte dunha análise descritiva sobre temas históricos, teóricos, científicos, políticos, culturais, económicos e sociais de actualidade.
  • 2. Insinúase que a redacción do artigo debe partir de feitos concretos e non de reflexións de tipo filosófico ou consideracións xerais do asunto a tratar.
  • 3. Traballa e analiza directamente sobre feitos que non teñen outra finalidade rigorosa que a de informar sen ter que transmitir datos puntuais. A través da persuasión e a sedución, o articulista describe os acontecementos máis ou menos actuais.

Métodos e materiais[editar | editar a fonte]

A sección de métodos só debe incluír a información que estaba dispoñíbel no momento en que se escribiu o plan ou protocolo do estudo.

Calquera información que se conseguiu durante o estudo debe consignarse na sección de Resultados.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • RevistasCSIC.es (edición electrónica de acceso libre (Open Access) das revistas científicas editadas polo CSIC. Abarcan diversos campos do coñecemento científico dentro das ciencias experimentais, sociais e humanas). (en castelán)
  • PNAS.org (folleto das Actas da Academia Nacional de Ciencias de EE. UU.; presenta unha visión xeral do que fai esta revista). (en castelán).
  • ICMJE.org International Comitee of Medical Journals Editors (Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas). (en inglés)
  • InglesLaboral.com (como comprender e redactar artigos médicos en inglés). (en castelán)