Lingua cúmbrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cúmbrico
Falado en: Gran Bretaña
Rexións: Sur de Escocia e norte de Inglaterra
Total de falantes: séculos XI-XII
Familia: Indoeuropea
 Linguas celtas
  Insular
   Cúmbrico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: cel
ISO 639-3: xcb

O cúmbrico ou cámbrico era o idioma celta británico centrado en Cumbria no noroeste de Inglaterra e que se falaba a partir do sur de Escocia ata Greater Manchester, é dicir, a rexión á que os galeses chaman Y Gogledd Hen “O vello norte”.

Características[editar | editar a fonte]

Só a coñecemos por tres palabras inseridas nun texto latino: Leges inter Brettos et Scottos. Estas tres palabras son «galnys» inimizade de resultas dun homicidio ou ben a débeda de sangue debida a el, « mercheta» filla e «kelkyn» círculo, cuxos equivalentes en galés moderno son «galanas», «merch» e «cylch» (en bretón «merc'h» e «kelc'h», no caso das dúas últimas palabras). Tamén hai nomes propios na Vida de san Kentigern. Onde parece haber máis trazas desta lingua é na toponimia.

A zona onde se falaba situábase dunha e doutra banda do límite actual entre Escocia e Inglaterra, na parte occidental, nos reinos de Rheged, de Gododdin e do Strathclyde. Algúns din que os bardos Taliesin e Aneirin do século VI terían composto as súas obras nesta lingua. Segundo os textos que chegaron ata nós, non era moi diferente do galés antigo, lingua mellor coñecida. Tampouco diferiría demasiado da lingua bretoa falada nesta época.

Na actualidade hai esforzos de reconstruír a lingua usando palabras e frases que sobrevivan entre os falantes locais de inglés.