Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "República de Irlanda")
Poblacht na hÉireann
The Republic of Ireland


República de Irlanda
Bandeira de Irlanda Escudo de Irlanda
Bandeira Escudo
Himno nacional: Amhrán na bhFiann
 
Location Ireland EU Europe.png
 
Capital
 • Poboación
Dublín
505.739 (2006)
Cidade máis poboada Dublín
Linguas oficiais
Irlandés e inglés
Forma de goberno República
Michael D. Higgins
Enda Kenny
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
do Reino Unido
21 de xaneiro de 1919
6 de decembro de 1921
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 117º
70.273 km²
2%
360 km
1.448 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 121º
4.588.252 (2011)
65,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 29º
US$ 217.756 millóns
US$ 49.095 (2008)
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 50º
US$ 174.674 millóns
US$ 39.382
IDH n/d
Moeda Euro1 (€, EUR)
Xentilicio Irlandés, irlandesa[1]
Fuso horario WET (UTC)
Dominio de Internet .ie
Prefixo telefónico +353
Prefixo radiofónico EIA-EJZ
Matrícula avións EI
Matrícula automóbiles IRL
Código ISO 372 / IRL / IE
Membro de: UE, ONU, OCDE, OSCE

1 Antes de 1999: libra irlandesa

Tódolos países do mundo

Irlanda[1] (en irlandésÉire[ˈeː.ɾʲə] (AFI)Eire pronunciation.ogg escoitar; en inglésIreland[ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI)) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses.

A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa Continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.

A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).

Orixe etimolóxica[editar | editar a fonte]

Os celtas denominaban Éire á poboación irlandesa, polo que a terra comezou a coñecerse como terra dos Éire ou Éireland, cuxa derivación acabou sendo Ireland (Irlanda). Hoxe en día, o nome oficial do estado é 'Irlanda' -Ireland en inglés, Éire en irlandés-. A República de Irlanda -Republic of Ireland ou Poblacht na hÉireann- é a escritura do texto oficial.

Historia[editar | editar a fonte]

Cruz celta no Rock of Cashel, no Condado de Tipperary.

Irlanda estivo cuberta por xeo e unida a Gran Bretaña e Europa durante a derradeira glaciación. Estivo deshabitada até aproximadamente 9.000 anos. Os habitantes da Idade de Pedra chegaron algo despois do 8000 a.d.C, e a cultura progresou dende o mesolítico ó alto neolítico no curso de tres ou catro milenios aproximadamente. Coa Idade de Bronce, que comezou ó redor do 2500 a.C., trouxo a produción de elaboradas ferramentas e ornamentos de bronce e ouro. A Idade de Ferro en Irlanda está asociada ós celtas. Pénsase que colonizaron a illa nunha serie de vagas entre os séculos VIII e I a.C., e que coa derradeira vaga de celtas, foi conquistada a illa e dividida en cinco ou máis reinos. Os romanos chamaban a Irlanda Hibernia.[2] Ptolomeo no ano 100 fai un estudo da xeografia e as tribos de Irlanda.[3]. A relación exacta entre Roma e as tribos de Hibernia non está hoxe clara, xa que as únicas referencias atopámolas nuns poucos escritos romanos.

Os historiadores manteñen que no 432, San Patricio chegou á illa e, nos anos vindeiros, tratou de converter a Irlanda ó Cristianismo.[4] As tradicións druídicas desapareceron ante a forza das novas crenzas. As artes da ilustración dos manuscritos, o traballo do metal e a escultura floreceron e produciron tesouros como o Libro de Kells, xoiería, e as traballadas cruces de pedra que cubren a illa. Isto foi interrompido no século IX por 200 anos de guerra contra os piratas viquingos que saqueaban mosteiros e vilas. Eventualmente conseguían establecerse en Irlanda, formando vilas como as actuais cidades de Dublín, Cork, Limerick e Waterford.

En 1172, o rei Henrique II de Inglaterra conseguiu as terras irlandesas co visto e prace do papa inglés Adrián IV, e sobre o século XIII, a lexislación inglesa comezou a ser aplicada á illa. O dominio inglés estivo durante moito tempo limitado á área ó redor de Dublín e Waterford, pero comezou a expandirse no século XVI co colapso final da superestrutura social e política gaélica; e no século XVII os Tudor reconquistaron Irlanda e comezou a colonización protestante das terras de Irlanda, sendo nesta época cando o dominio inglés se estende por toda a illa. Trala rebelión irlandesa de 1641, ós católicos irlandeses negóuselles o voto e a presenza no Parlamento de Irlanda. O dominio da nova clase inglesa protestante foi coñecido como o ascendente protestante.

En 1800 o Parlamento de Irlanda aprobou o Acta de Unión que, en 1801, uniu o Reino de Irlanda e o Reino de Gran Bretaña para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. A totalidade da illa formou parte do Reino Unido, directamente dirixido polo Parlamento do Reino Unido en Londres. O século XIX veu a Gran Fame dos anos corenta, durante a cal morreron preto dun millón de irlandeses e outro millón emigraron. A emigración continuou como resultado da fame e a poboación continuou descendendo até entrado o século XX. A poboación anterior ó tempo de fame era de máis de oito millóns (recollidos no censo de 1841). A poboación non volveu acadar dito nivel dende iso.

División de Irlanda tralo Tratado Anglo-Irlandés de 1921.

O século XIX e os inicios do XX viron o auxe do nacionalismo irlandés, especialmente entre a poboación católica máis humilde. Daniel O'Connell dirixiu unha exitosa campaña non violenta para a emancipación católica. A subseguinte campaña para revogar a Acta de Unión fallou. Máis tarde Charles Stewart Parnell e outros nacionalistas fixeron unha campaña para acadar unha certa autonomía dentro da Unión, que foi pouco exitosa. Isto provocou o paso do nacionalismo moderado ó separatismo armado.

En 1921, trala Rebelión de Pascua de 1916, e a subseguinte Guerra Anglo-Irlandesa, foi asinado un tratado entre o Goberno Británico e os líderes da República Irlandesa. O tratado adoptou a solución de dous estados separados. De Irlanda do Norte pensábase que ía formar un estado autónomo dentro do novo estado libre irlandés a menos que optase polo non. A poboación protestante de Irlanda do Norte temía converterse nunha minoría dentro dun estado maioritariamente católico. Como se esperaba, optou por permanecer como parte do Reino Unido. Formouse unha comisión para establecer as fronteiras entre os dous estados irlandeses, pero foi abandonada cando recomendou unha maior flexibilidade. Os desacordos sobre o tratado conlevaron un rexurdir do nacionalismo e consecuentemente á Guerra Civil, que rematou en 1923 coa derrota das forzas contrarias ó tratado.

O Tratado Anglo-Irlandés foi aprobado pola Dáil Éireann en decembro de 1921 pero foi rexeitado por unha gran minoría, o que levou á Guerra Civil Irlandesa que durou até 1923. En 1922, no medio desta guerra civil, o Estado Libre Irlandés comezou a existir. Nos seus primeiros anos o novo estado foi gobernado polos vencedores da guerra civil. De todos xeitos, nos anos 30 o Fianna Fáil, o partido dos oponentes ó tratado, foi elixido para formar goberno. O partido introduciu unha nova constitución en 1937 que renomeou o estado como "Éire ou, en inglés, Ireland" (prefacio á Constitución).

O estado permaneceu neutral durante a Segunda Guerra Mundial, pero ofreceu algún apoio ós aliados, especialmente en Irlanda do Norte. De todos xeitos, estímase que arredor de 50.000 voluntarios da república loitaron nas Forzas Armadas Británicas[1] durante a Segunda Guerra Mundial. En 1949, o estado irlandés declarouse dende aquel momento unha república e que debería ser chamado República de Irlanda. A República viuse afectada pola pobreza e a emigración até mediados dos 70. Os anos 90 viron o comezo dun éxito económico sen precedentes, nun fenómeno coñecido como o "Tigre céltico". Para comezos do século XXI tíñase convertido nun dos países máis ricos (en termos de renda per cápita) na Unión Europea. En outubro de 2006, houbo conversacións entre Irlanda e os Estados Unidos para negociar unha nova política de inmigración entre os dous países, en resposta ó crecemento da economía irlandesa e o desexo de moitos cidadáns americanos que querían moverse a Irlanda en busca de traballo.[5]

Política[editar | editar a fonte]

Michael D. Higgins, Presidente de Irlanda.
Leinster House, sé do Oireachtas Éireann (o parlamento irlandés).

Irlanda é unha república cun sistema parlamentario de goberno. O Presidente de Irlanda, quen constitúe o xefe do estado, elíxese cada 7 anos e só pode ser reelixido unha vez. O presidente posúe un alto grao de testaferro, aínda que posúe certos poderes e funcións constitucionais, asistido polo Consello do Estado, un órgano consultivo. O Taoiseach (primeiro ministro) é designado polo presidente na nominación do parlamento. O Taoiseach adoita ser o líder do partido político co maior número de escanos obtidos nas elecións lexislativas. É bastante común que se formen coalicións de goberno, polo que non existe ningún goberno dun só partido dende o período de 1987-1989.

O parlamento bicameral, Oireachtas, consiste dun senado, Seanad Éireann, e unha cámara baixa, Dáil Éireann. O senado está composto por sesenta membros; once nomeados polo Taoiseach, seis elixidos por dúas universidades, e 43 elixidos por representantes públicos dos paneis de candidatos establecidos sobre unha base vocacional. O Dáil está formado por 166 membros, Teachtaí Dála, elixido para representar circunscricións plurinominais baixo o sistema de representación proporcional mediante o voto único transferible. Segúndo a constitución, as eleccións parlamentarias deben ser levadas a cabo polo menos cada sete anos, aínda que un límite menor pode ser establecido por lei. Legalmente na actualidade, ten unha duración de cinco anos.

O goberno está constitucionalmente limitado a quince membros. Non máis que dous membros do goberno poden ser elixidos polo senado, e o Taoiseach, Tánaiste (vice-primeiro ministro) e ministro de finanzas deben ser membros do Dáil. O actual goberno atópase conformado por unha coalición entre dous partidos: Fine Gael do Taoiseach Enda Kenny e os Irish Labour Party do Tánaiste Eamon Gilmore.

A principal oposición no actual Dáil está conformada por Fine Gael e o Partido Laborista. Outros partidos que tamén posúen representación no Dáil, son o Partido Verde, o Sinn Féin e o Partido Socialista.

Irlanda uniuse á Unión Europea en 1973 aínda que elixiu permanecer fóra do Tratado de Schengen. Os cidadáns do Reino Unido poden entrar na Irlanda sen pasaporte grazas á Common Travel Area.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Condados de Irlanda.

A República de Irlanda subdivídese en 26 condados. Estas divisións son utilizadas en contextos políticos, culturais e deportivos.

Mapa dos condados de Irlanda República de Irlanda
  1. Dublín - Baile Átha Cliath
  2. Wicklow - Cill Mhantáin
  3. Wexford - Loch Garman
  4. Carlow - Ceatharlach
  5. Kildare - Cill Dara
  6. Meath - An Mhí
  7. Louth - Lú
  8. Monaghan - Muineachán
  9. Cavan - An Cabhán
  10. Longford - An Longfort
  11. Westmeath - An Iarmhí
  12. Offaly - Uíbh Fhailí
  13. Laois - Laoighis
  14. Kilkenny - Cill Chainnigh
  15. Waterford - Port Láirge
  16. Cork - Corcaí
  1. Kerry - Ciarraí
  2. Limerick - Luimneach
  3. Tipperary - Tiobraid Árann
  4. Clare - An Clár
  5. Galway - Gaillimh
  6. Mayo - Maigh Eo
  7. Roscommon - Ros Comáin
  8. Sligo - Sligeach
  9. Leitrim - Liatroim
  10. Donegal - Dún Na Ngall

Irlanda do Norte (Reino Unido):

  1. Fermanagh - Fear Manach
  2. Tyrone - Tír Eoghain
  3. Derry/Londonderry - Doire
  4. Antrim - Aontroma
  5. Down - An Dún
  6. Armagh - Ard Mhacha

Xeografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Provincias de Irlanda.

A illa da Irlanda ten unha extensión de máis de 84.421 km², dos cales cinco sextos pertencen á República, constituíndo o restante a Irlanda do Norte (Reino Unido). Está bañada ao oeste polo océano Atlántico, ao nordeste polo canal do Norte, ao leste polo mar da Irlanda e ao sudeste e ao sur polo canal de San Xurxo e polo mar Céltico. A costa occidental da Irlanda consiste principalmente de outeiros e montañas baixas (o punto máis elevado é o Carrauntoohil, con 1.041 m). O interior do país está predominantemente composto por terras agrícolas relativamente chás, atravesadas por ríos como o Shannon e punteado por varios lagos grandes, os "loughs". O centro do país forma parte da bacía hidrográfica do río Shannon, e contén grandes áreas de pao, usados para a produción de trufa.

O clima temperado da illa é modificado pola corrente do Atlántico Norte e é relativamente suave. Os veráns raramente son moi quentes, mais é raro que faga moito frío no inverno. As precipitacións son moi comúns, con ata 275 días de choiva por ano nalgunhas partes do país. As cidades principais son a capital, Dublín, na costa oriental, Cork no sur, Gaillimh e Limerick na costa occidental e Waterford na costa sueste (ver cidades da Irlanda).

Illa de Irlanda[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Illa de Irlanda.
Imaxe en cor real da illa de Irlanda, tomada por un satélite da NASA o 4 de xaneiro de 2003.

A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa,[6] e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa Continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, atopándose rodeada por centenares de illas pequenas e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.

O nome da illa ten a súa orixe no irlandés antigo Ériu (en irlandés moderno Éire), co engadido do termo xermánico land. Ériu, do proto-céltico *Īwerjū (que tamén xerou o galés Iwerd, Mar de Irlanda), orixinalmente significaba gordura, no sentido de fertilidade.[7]

A poboación total da illa de Irlanda é de pouco menos de 6 millóns de habitantes (2006), dos cales 4.239.848 viven na República de Irlanda[8] (1,7 millóns aproximadamente na Gran Área de Dublín[9]), con outras 1,7 millóns de persoas na Irlanda do Norte[10] (600.000 delas na Gran Área de Belfast[11]).

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Irlanda.
Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
Estados Unidos de América Estados Unidos 18,6% Reino Unido Reino Unido 37,1%
Reino Unido Reino Unido 17,4% Estados Unidos de América Estados Unidos 13,8%
Bélxica Bélxica 15,3% Alemaña Alemaña 9,2%
Alemaña Alemaña 7,4% Flag of France.svg Francia 4,5%
Flag of France.svg Francia 6,4% Flag of Japan.svg Xapón 4%
Países Baixos Países Baixos 5,6% Países Baixos Países Baixos 3,5%
Outros 29,3% Outros 27,9%

A República de Irlanda tivo un crecemento económico incrible nos últimos anos, nas dúas décadas do período 1980-2000, Irlanda pasou de ser un país de pobreza, a un dos países co PIB por habitante máis alto do mundo. Isto estivo relacionado coa chegada de innumerables macroempresas mundiais que estableceron a súa sede en Irlanda por exemplo a multinacional Canon[12] ou a franquía PC World[13] A República de Irlanda é unha economía pequena, moderna e dependente do comercio cun crecemento que acada en media un robusto 10% no período 1995-2000.

A agricultura, algunha vez foi o sector máis importante, atópase actualmente empequenecida pola industria, a cal representa un 38% do PNB, ao redor do 80% das exportacións e emprega a 28% da forza laboral. A pesar de manter o seu robusto crecemento fundamentalmente a base de exportacións, a economía está sendo beneficiada tamén por unha subida no consumo e a recuperación dos investimentos en negocios e a construción. Irlanda é un dos maiores exportadores de bens e servizos relacionados co software no mundo. De feito, moito software estranxeiro, e en ocasións música, é filtrado a través da República para sacar vantaxe da política de non cobrar impostos sobre regalías de bens con copyright.

Durante a década dos 90 o goberno irlandés implementou unha serie de programas económicos deseñados para refrear a inflación, aliviar a carga impositiva, reducir o gasto do goberno como unha porcentaxe do PNB, incrementar as habilidades da forza laboral e promover os investimentos estranxeiros. O Estado uniuse á iniciativa do euro en xaneiro de 2001 (abandonando a libra irlandesa) xunto con outras dez nacións da Unión Europea. Este período de elevado crecemento económico levou a moitos a bautizar a República coma O Tigre Celta. A economía sentiu o impacto da desaceleración da economía global en 2001, particularmente no sector de exportación de tecnoloxía de avanzada, onde a taxa de crecemento foi reducida practicamente á metade. O crecemento do PNB permaneceu estable e relativamente robusto, cunha taxa de ao redor do 6% en 2001 e 2002.

Nos últimos anos a baixada do consumo, a falta de liquidez e, sobre todo, o brusco axuste do sector inmobiliario deixaron moi lonxe na memoria estas taxas de crecemento que nada tiñan que envexar aos 'tigres asiáticos'. O último boletín do Economic and Social Research Institute (ESRI) prevé unha caída do 0,4% do PIB en 2008. Fronte ao 4,5% do ano 2007.[14]

Demografía[editar | editar a fonte]

Cidades máis poboadas[editar | editar a fonte]

Listaxe Municipio Provincia Pob. Listaxe Municipio Provincia Pob.
Dublin City North 2009.jpg
Dublín
Cork river lee.jpg
Cork
Limerick - Shannon River cropped.jpg
Limerick
Galway 2011-12-26 12.JPG
Galway
1 Dublín Leinster 1.045.769 11 Ennis Munster 24.253
2 Cork Munster 190.384 12 Tralee Munster 22.744
3 Limerick Munster 90.757 13 Kilkenny Leinster 22.179
4 Galway Connacht 72.729 14 Carlow Leinster 20.724
5 Waterford Munster 49.213 15 Naas Leinster 20.044
6 Drogheda Leinster 35.090 16 Sligo Connacht 19.402
7 Dundalk Leinster 35.085 17 Newbridge Leinster 18.520
8 Swords Leinster 33.998 18 Mullingar Leinster 18.416
9 Bray Leinster 31.901 19 Wexford Leinster 18.163
10 Navan Leinster 24.851 20 Letterkenny Ulster 17.586
Censo 2006[15]

Etnografía e immigración[editar | editar a fonte]

O pobo irlandés é maioritariamente de orixe celta, cunha importante influencia viquinga , anglo-normanda, escocesa e gaélica. Nas últimas décadas Irlanda experimentou un importante influxo de inmigrantes dos novos estados da Unión Europea. Estímase que uns 210.000 immigrantes chegaron de Polonia, Lituania, Letonia e Estonia. A comunidade asiática estímase nunhas 22.000 persoas e a nixeriana en 9.000.

Lingua[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lingua irlandesa.
Zonas irlandesas nas que se fala o gaélico irlandés, resaltadas en vermello.

O irlandés ou gaélico irlandés (Gaeilge) é unha lingua céltica da rama goidélica falada na illa de Irlanda. Conta, segundo o Goberno de Irlanda, cuns 1.6 millóns de falantes na República de Irlanda, dos que 350.000 son falantes habituais, aínda que estas cifras son controvertidas. Tamén a fala un número indeterminado de inmigrantes noutros países (Reino Unido, Canadá, Estados Unidos e Australia). É lingua oficial da Unión Europea por selo da República de Irlanda.

Deportes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Irlanda nos Xogos Olímpicos.

O fútbol gaélico e o hurling son os deportes máis populares en Irlanda.[16] Estes dous, xunto co Camogie, o fútbol gaélico feminino, o pelota-man e o cuairtean, conforman os deportes nacionais de Irlanda, coñecidos colectivamente como xogos gaélicos. Tódolos xogos gaélicos están dirixidos pola Gaelic Athletic Association (GAA), coa excepción do fútbol gaélico feminino, que está rexido por outra organización. A GAA organízase en base a toda Irlanda con tódolos 32 condados podendo competir; tradicionalmente, os condados primeiro compiten na súa provincia, nos campionatos provinciais, e entón os gañadores compiten nun campionato de hurling ou de fútbol a nivel de toda a illa. As oficinas da GAA están localizadas no estadio con capacidade para 82.500[17] espectadores en Croke Park no norte de Dublín. Os principais xogos da GAA dispútanse alí, incluíndo as semifinais e finais dos campionatos de toda a illa. Durante o desenvolvemento do estadio de Lansdowne Road, a competición internacional de rugby foi xogada alí, cun grande éxito. Tódolos xogadores da GAA, incluso os dos niveis máis altos, son amateurs e non reciben pagas. O rugby tamén é un dos predilectos da república, cuxa selección nacional conseguiu destacar en torneos como no prestixioso Torneo das Seis Nacións.

Cultura[editar | editar a fonte]

Un shamrock, ou trevo de tres follas típico irlandés.

A illa de Irlanda é famosa polo Libro de Kells, música tradicional irlandesa e escritores como Jonathan Swift, Brendan Behan, Douglas Hyde, Flann O'Brien, Sheridan Le Fanu, Sean O'Casey, George Berkeley, James Joyce, George Bernard Shaw, Richard Brinsley Sheridan, Oliver Goldsmith, Oscar Wilde, Bram Stoker, W.B. Yeats, Samuel Beckett, Seamus Heaney, Herminie T. Kavanagh entre outros. Shaw, Yeats, Beckett e Heaney foron Premios Nobel de Literatura. Ernest Walton compartiu o Premio Nobel de Física de 1951 por "partir o átomo".

Figuras culturais irlandesas de finais do século XX inclúen a Crhisty Moore, Pat Ingolsbhy, Shane MacGowan e Sinéad O'Connor. No tocante ó espectáculo destacan a banda de rock U2, Bob Geldof, Thin Lizzy, Horslips, Rory Gallagher, The Corrs, The Cranberries, Westlife, Chris De Burgh e Van Morrison, no tocante á música tradicional destacan Enya, The Dubliners e The Chieftains entre outros e o espectáculo de danza Riverdance.

O primeiro médico con titulación nobiliaria que existiu, Sir Hans Sloane, era un médico irlandés cuxa afición era a botánica e cuxa colección é o núcleo do Museo Británico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para irlandés.
  2. Os Romanos e Irlanda www.irishclans.com
  3. A Xeografía de Ptolomeo www.roman-britain.org
  4. BBC Online - Christianity - Features - St Patrick www.bbc.co.uk/religion
  5. Ireland considering immigration deal with U.S, Reuters, 25 de outubro de 2006
  6. Gran Bretaña é a primeira, e Islandia a segunda.
  7. * Mallory, J.P. y Adams, D.Q. (1997). Encyclopedia of Indo-European Culture., p. 194
  8. Central Statistics Office Ireland. (2007-06-05). "Census 2006 Preliminary Report". http://www.cso.ie/census/2006_preliminaryreport.htm. (en inglés)
  9. Central Statistics Office Ireland. (2007-06-05). "Population of the Greater Dublin Area to reach 2 million by 2021". http://www.cso.ie/releasespublications/documents/population/current/poppro.pdf. (en inglés)
  10. Demography and Methodology Branch, NISRA (2007-06-05). "Home Population and Components of Change, 2004 estimates". http://www.nisra.gov.uk/archive/demography/population/midyear/Northern%20Ireland%202004.xls. (archivo XLS, en inglés)
  11. CAIN Web Service (2007-06-05). "Background Information on Northern Ireland Society: Population and Vital Statistics". http://cain.ulst.ac.uk/ni/popul.htm. (en inglés); corresponde á poboación combinada de Belfast, Castlereagh, Carrickfergus e Lisburn
  12. http://www.canon.ie/About_Us/About_Canon/index.asp Canon.ie informe sobre Canon en Irlanda
  13. http://www.pcworld.com/article/ide,120130-page,1/article.html PC World Ireland
  14. O annus horribilis de Irlanda, Galiciae.com, 10/07/2008
  15. Central Statistics Office Ireland: Census 2006 Reports - Published To Date, Volume 1 - Population Classified by Area, published 26 April 2007, retrieved from archived version, dated 17 July 2011.
  16. Irish Government Website Culture and Sport Information http://www.irlgov.ie
  17. "CROKE PARK REDEVELOPMENT". http://www.gaa.ie/page/croke_park.html. Consultado o 2007-01-12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Irlanda

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]