Islay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Islay
Ìle
UK Islay.PNG
Localización da illa
Wfm islay landsat.jpg
Vista dende satélite.
Situación
País Reino Unido Reino Unido
Escocia
Arquipélago Hébridas
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 55°46′N 6°9′W / 55.767°N 6.150°W / 55.767; -6.150
Xeografía
Superficie 619´6 km²[1] km²
Longura máxima 40 km.
Largura máxima 24 km.
Punto máis alto 491 m. Beinn Bheigier
Demografía
Capital Bowmore[2]
Poboación 3.228[3] hab. (2013)
Densidade 5´2 hab./km² hab./km²

Islay é a illa máis meridional das Hébridas Interiores en Escocia. Coñecida como "A Raíña das Hébridas",[4] atópase en Argyll, ao suroeste da Illa de Jura e ao redor de 40 km. ao norte da costa irlandesa. A cidade máis grande e capital é Bowmore famosa pola súa destilería e a igrexa da parroquia de Kilarrow.[2][5] Port Ellen é o porto principal.[6]

Islay é a quinta illa máis grande de Escocia e a sexta maior das que rodean Gran Bretaña (excluíndo Irlanda).

Existe unha ampla evidencia de asentamentos prehistóricos en Islay e a primeira referencia escrita procede do século 1. A illa converteuse en parte do Reino Gaélico de Dál Riata na Alta Idade Media antes de ser absorbida polo Reino das illas nórdico. Máis tarde a Idade Media marcou un "punto alto cultural", co paso das Hébridas ao Reino de Escocia e a toma do Clan Donald do señorío das illas, orixinalmente centrado en Finlaggan.[7] Durante o século XVII a estrela do clan Donald desvaneceuse, pero as melloras na agricultura e no transporte deron lugar a un aumento da poboación, que alcanzou o seu punto máximo a mediados do século XIX.[1] Logo chegaron importantes desprazamentos forzados e a caída do número de residentes.

Hoxe en día, conta con máis de 3.000 habitantes e as principais actividades comerciais son a agricultura, a destilación do whisky de malte e o turismo relacionado con esta bebida xunto coa observación de aves. A illa ten unha longa historia da cumplimento relixioso e a lingua gaélica escocesa é falada por preto dun cuarto da poboación.[8] As súas paisaxes fixéronse famosas a través de diversas formas de arte e hai un crecente interese nas enerxías renovables. Islay é o fogar de moitas especies de aves como as poboacións invernantes de gansos de Groenlandia e ganso sanganos, é un destino popular durante todo o ano para os observadores de aves. O clima é suave e agradable debido á Corrente do Golfo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa topográfico.

Islay ten 40 km. de longo de norte a sur e un pouco máis de 24 km. de ancho. A costa leste é accidentada e montañosa, o pico máis alto é Beinn Bheigier, que é un outeiro de 491 m. As penínsulas occidentais están separadas da masa principal da illa polas augas do Loch Indaal ao sur e Loch Gruinart ao norte.[9] O brazo sur é fértil e está azoutado polo vento do oeste chamado The Rinns, e Ardnave Point é un promontorio visible na costa noroeste. A costa sur está ao abrigo dos ventos dominantes e, polo tanto, relativamente arbolada.[10][11] A costa fractal posúe numerosas baías e lagos mariños, incluíndo Loch an t-Sailein, Aros Bay e Claggain Bay. O extremo suroeste é unha península rochosa e agora en gran parte deshabitada, chamada The Oa, o punto máis próximo das Hébridas a Irlanda.[12]

A poboación da illa céntrase principalmente en torno ás vilas de Bowmore e Port Ellen. Outras vilas máis pequenss son Bridgend, Ballygrant, Port Charlotte, Portnahaven e Port Askaig. O resto da illa está escasamente poboada e está dedicada á actividade agrícola.[13] Hai varios lagos pequenos de auga doce no interior incluíndo o lago Finlaggan, o lago Ballygrant, o lago Lossit, o lago Gorm e numerosos regatos en toda a illa, moitos dos cales levan o nome de "río" malia o seu pequeno tamaño. O máis importante deles é o Río Laggan, que desemboca no mar no extremo norte de baía Laggan e o río Sorn, que, drenando o lago Finlaggan, entra na cabeza do lago Indaal en Bridgend.

Existen numerosas pequenas illas deshabitadas ao redor das costas, as máis grandes das cales son Eilean Mhic Coinnich e Orsay nos Rinns, a illa Nave na costa noroeste, Am Fraoch Eilean no Sound de Islay e Texa fronte á costa sur.

Historia[editar | editar a fonte]

Dun Nosebridge dende o sur

Os primeiros poboadores de Islay eran nómades cazadores-recolectores que posiblemente chegaron por primeira vez durante o mesolítico logo da retirada das capas de xeo do Plistoceno. Unha punta de frecha de pedernal, que foi atopada nun campo preto de Bridgend en 1993, e datada do 10.800 adC, atópase entre as primeiras evidencias de presenza humana atopada ata agora en Escocia.[14]

A estrutura prehistórica máis espectacular da illa é Dun Nosebridge. Esta fortaleza de 375 m² da Idade do Ferro ocupa unha pena prominente e ten vistas impresionantes da paisaxe circundante. A orixe do nome é probablemente unha mestura do gaélico e do nórdico antigo: Dun significa "forte" e Knaus borg- no segundo significa "fortaleza na pena" . Non hai evidencia de que Islay estivera baixo o control militar de Roma, aínda que un pequeno número de achados tales como unha moeda e un broche do século III suxiren vínculos intermitentes dalgún tipo coa presenza romana na parte continental. As ruínas dun broch en Dun Bhoraraic, ao sueste de Ballygrant, e os restos de numerosas casas circulares atlánticas indican as influencias do norte de Escocia, de onde son orixinarias estas formas de construción. Tamén hai varios crannogs en Islay, no lago Ardnave, no lago Ballygrant e no lago Allallaidh no sueste, onde unha calzada de pedra que conduce a dúas illas adxacentes é visible baixo a superficie da auga.

O primeiro rexistro histórico comeza cun documento referente a San Columba, quen probablemente pasou por Islay na fundación do mosteiro de Iona no século VI. Neste tempo Islay atopábase dentro dos territorios do reino de Dál Riata, baixo o goberno dos Cenél nÓengusa.

Entre os séculos XIV e XVI a costa oeste de Escocia foi gobernada polo Señorío das Illas de Finlaggan, provinte de Islay. As orixes deste señorío datan desde a derrota dos daneses na costa de Islay en 1566 a mans de Somerled.

En 1830 a poboación da illa descendeu drasticamente dos 15.000 habitantes, debido ás Highland Clearances. Os emigrantes de Islay instaláronse en Ontario, Canadá;Carolina do Norte, Carolina do Sur en Estados Unidos e Australia.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a Royal Air Force, construíu un campo de aviación en Glenegedale que máis adiante converteuse nun aeroporto civil para Islay. Había tamén unha base da Royal Air Force en Bowmore para avións que podían aterrar tanto na auga como en terra e utilizaba a enseada Indaal (Loch Indaal).

Clima[editar | editar a fonte]

A influencia da Corrente do Golfo fai que o clima sexa comparable co de Escocia. A neve cae de cando en cando e a néboa é pouco densa e de curta duración. Algúns din que é o paraíso dos xardineiros, pois non é difícil atopar especies exóticas nos xardíns. Pero os vendavais invernais que varren desde o Atlántico poden facer que sexa difícil viaxar e vivir durante esta estación, mentres que a navegación e os transbordos aéreos atrásanse con frecuencia. O bo tempo tende a chegar logo de Pascua, estendéndose en verán ata setembro.

Transporte[editar | editar a fonte]

As estradas de Islay polo xeral son dunha soa vía. As rutas principais son a A846 desde Ardbeg a Port Askaig vía Port Ellen e Bowmore, e a A847 que corre pola costa leste de Rhinns.

A illa conta co seu propio aeroporto (Glenegedale Airport) con servizos a Glasgow.

Destilerías[editar | editar a fonte]

Na illa prodúcese unha variedade de whisky escocés especial denominado Whisky de Islay, que é producido amplamente polas destilerías da illa.

As destilerías do sur da illa producen un whisky de sabor turboso moi forte, e leste a oeste atópanse as destilerías de Ardbeg, Lagavulin e Laphroaig. No norte da illa as destilerías Bowmore, Bruichladdich, Bunnahabhain, e a destilería Caol Ila tamén producen whisky, pero posúen un gusto máis lixeiro. Antigamente existían máis destilerías: Port Ellen pechouse en 1983, mentres que Lochindaal, en Port Charlotte, foi pechada en 1929. Poucos whiskys blended (mestura de varios whiskys) se fan na illa, con todo, desde que un grupo privado comprou a destilería Bruichladdich, o whisky é mesturado alí polo mestre destilador James McEwan.

Destilería de Bunnahabhain.

No 2005 abriuse unha pequena destilería na granxa Rockside. Chamada Kilchoman, foi oficialmente aberta en xuño e destilou por primeira vez en novembro.

Aparte do whisky, tamén se fai unha cervexa inglesa orixinal de Islay. A cervexería de Islay Ales abriu as súas portas en marzo do 2004 e elabora sete diferentes cervexas inglesas, algunhas das cales son estacionais, ou para ocasións especiais como o Festival Anual da Malte e a Música.

Enerxía undimotriz[editar | editar a fonte]

A posición da illa, que se atopa exposta á forza do Atlántico Norte, fixo deste sitio pioneiro, e a primeira en Escocia, ó ter a primeira estación de enerxía undimotriz. Esta enerxía é a que se produce polo movemento das ondas e non se debe confundir coa enerxía mareomotriz. Nesta planta o movemento das ondas o que fai é comprimir e descomprimir aire nunha cámara da instalación construída en terra, e isto é o que fai mover as turbinas.

A planta está situada preto de Portnahaven. O xerador de Islay foi construído e deseñado por Wavegen, investigadores da Queen's University of Belfast e foi financiado pola Unión Europea. Chámase Limpet 500 (Land Installed Marine Powered Energy Transmitter, en galego, Transmisor de Enerxía Mariña Instalado en Terra). A súa capacidade máxima prevista era de 500 quilowatts, pero funciona a menos da metade polas limitacións do tendido eléctrico da illa.[15]

Pesca[editar | editar a fonte]

En Islay pódense pescar as mellores troitas marrón de Europa. Non se importaron aínda troitas arco da vella, polo que as marróns seguen dominando o ecosistema de auga doce. Durante o ano 2003 celebrouse en cinco dos lagos da illa o Campionato Europeo de Pesca. [16]

Vista de Port Ellen

Tradicións Célticas[editar | editar a fonte]

En Islay estaba a Pedra da Investidura de Loch Finlaggan. Era de sete pés de altura e tiña marcas de pegadas feitas sobre ela. Cando un xefe do Clan Donald era coroado como "Rei das Illas", poñíase de pé descalzo sobre as pegadas na pedra e, coa espada do seu pai na man, era nomeado rei polo bispo de Argyll e sete sacerdotes. Durante a cerimonia un orador recitaba unha lista dos seus antepasados e era proclamado Macdonald, Gran Príncipe da semente de Conn. O bloque de pedra foi destruído deliberadamente a principios do século XVII por orde de Xacobe IV.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Haswell-Smith (2004) p. 41
  2. 2,0 2,1 "Mid-2008 Population Estimates for Settlements and Localities in Scotland" Oficina Xeral do Rexistro para Escocia. Consultado o 23 de maio de 2012.
  3. National Records of Scotland (15 August 2013) (pdf) Statistical Bulletin: 2011 Census: First Results on Population and Household Estimates for Scotland - Release 1C (Part Two). "Appendix 2: Population and households on Scotland’s inhabited islands". Consultado o 17 de agosto de 2013.
  4. Newton (1995) p. 11
  5. Newton (1995) p. 20
  6. Newton (1995) p. 31
  7. Caldwell (2011) p. 58
  8. Mac an Tàilleir, Iain (2004) 1901-2001 Gaelic in the Census (PowerPoint) Linguae Celticae. Consultado o 19 de setembro de 2012.
  9. Murray (1966) pp. 22–23
  10. Murray (1966) p. 32
  11. Newton (1995) p. 42
  12. Murray (1966) p. 30
  13. Caldwell (2011) p. xxv
  14. Mithen (2006) pp 197-98
  15. Tom Heath. "The Construction, Commissioning and Operation of the LIMPET Wave Energy Collector" (pdf). Wavegen. http://www.wavegen.co.uk/pdf/Consruction,commission%20&%20operation%20of%20LIMPET.pdf. Consultado o 27 de abril de 2011.
  16. "Isle of Islay" Fishing-Argyll. Consultado o 20 de xaneiro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Islay Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]