Stirling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorámica de Stirling
Igrexa da Holy Rude
Castelo de Stirling

Stirling (Sruighlea en gaélico escocés, Stirlin en escocés) é unha pequena cidade no centro de Escocia, e que se atopa entre a Terra Alta e a Terra Baixa de Escocia.

É unha vila antiga, formada ao redor dun importante castelo histórico, e que ten memoria dende a Idade Media. É ademais un centro administrativo, universitario, comercial e da industria lixeira. No censo do 2001 tiña 45.115 habitantes.

Noutro tempo capital do reino de Escocia, Stirling levou o nome de "vila real" ata o ano 2002, cando, co gallo das festas xubilares da raíña Sabela II, lle acordaron o estado de "cidade".

[editar] Historia

Habitada dende a Idade de Pedra, Stirling foi estratexicamente importante dende polo menos a invasión romana da Britania, en gran parte grazas ao seu outeiro doado de defender e á súa posición á beira do río Forth. Isto trouxo riquezas e poder a Stirling, e foi nomeada burgo real no século XII polo Rei David I de Escocia. Naqueles tempos a cidade chamábase Strivelyn. Grandes batallas tiveron lugar en Stirling debido ao longo conflito entre Escocia e Inglaterra (ver Batalla da ponte de Stirling).

A igrexa da Holy Rude (Santa Cruz) , atópase ao carón do Castelo de Stirling e é unha das edificacións de maior importancia histórica na cidade. A igrexa foi construída a finais do século XV, e constitúe a única igrexa no Reino Unido, xunto coa Abadía de Westminster, onde se celebrou un coroamento: o 29 de xullo de 1567, sendo aínda un bebé, o fillo de María, raíña dos escoceses, foi coroado Xaime VI de Escocia. Hoxe en día aínda poden aprezarse as pegadas das balas das tropas de Oliver Cromwell na torre e na ábsida.

As fortificacións continuaron sendo militarmente estratéxicas durante as protestas xacobitas no século XVIII. En 1715, o Duque de Mar fallou no seu intento de tomar control do castelo. En xaneiro de 1746, o exército de Carlos III de Inglaterra e Escocia tomou a vila mais non puido conquistar o castelo. Durante a retirada cara ao norte, bombardeou a igrexa de St. Ninians, onde se almacenaban as municións; só unha torre sobreviviu o ataque e aínda pode verse hoxe en día.

[editar] Cidades irmás

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas