Articulación fonética
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
En fonética, a articulación é o conxunto dos movementos dos órganos vocais, que determinan a forma dos diferentes resoadores na pasaxe do aire larínxeo e, por tanto, a natureza das ondas sonoras utilizadas para a produción dos sons da linguaxe.
A articulación defínese por dous parámetros:
- o modo de articulación: a maneira pola que o aire escoa (vibración das cordas vocais, abertura do canal respiratorio etc.)
- o punto de articulación: o lugar onde se estreita o canal respiratorio.