Bunscoill Ghaelgagh
Bunscoill Ghaelgagh é unha escola de primaria cuxa lingua de instrución é a lingua manx en St John's, Illa de Man. É a única escola do mundo na que os cativos reciben as súas aulas exclusivamente en manx e que posibilita que os nenos dominen a lingua.[1] Os alunos poden continuar a súa educación no instituto de educación secundaria Queen Elizabeth II High School en Peel, onde se ofrece a partir dos 12 anos unha asignatura (GCSE) en lingua manx.
Índice |
Historia [editar]
En 1999 formouse a asociación de pais e nais Sheshaght Ny Paarantyn, co obxectivo de fundar unha escola na que a lingua vehicular for a lingua manx. Naquel ano levaron a súa petición ao Departamento de Educación da Illa de Man. A escola abriu en setembro de 2001. Ao principio, tiña unha soa aula e compartía edificio co Ballacottier School en Douglas. En xaneiro de 2003 a escola foi trasladada de Ballacottier ao seu propio edificio: a antiga escola de St John's School.[2]
A escola gañou o premio anual de Reih Bleeaney Vanannan en xaneiro de 2006 polos seus esforzos en preservar e promover a lingua, a cultura e o patrimonio manx. Foi presentado por Tony Brown quen era entón presidente do House of Keys (a asemblea lexislativa da illa) e presidente da Manx Heritage Foundation.[3]
Lingua manx [editar]
Considérase que a escola ten éxito e que forma parte do rexurdimento da lingua Manx. [4][5]
A escola baséase en estudos feitos en Finlandia que demostran as vantaxes dunha educación bilingüe. [6]. A investigadora Aini-Kristiina Jäppinen examinou os resultados académicos de 334 alumnos en doce escolas e comparounos cos resultados de 334 alumnos que só estudaban en finés. Ela concluíu que unha segunda lingua mellora o proceso de aprendizaxe e parece mellorar os resultados. [7] Segundo Jäppinen, "Cando os alumnos teñen que conceptualizar e entender temas nunha lingua foránea ademais da lingua materna, axúdalles a entender relacións complexas e polifacéticas entre distintas materias."[7] A investigación finesa estudou alumnos que aprendían en tres linguas (francés, sueco e inglés) e concluíu que "a opción dunha (segunda) lingua non parece impactar significativamente o rendemento" nun número de materias incluíndo matemáticas e xeografía. Un estudo da Universidade de Luton mostraron que pode haber un atraso “trivial” mais que as vantaxes no longo prazo recompensan con creces esta desvantaxe provisional. [8]
Notas [editar]
- ↑ "A Miscellany on the History, Culture and Language of the Isle of Man", Skeealyn Vannin, Journal of the Genealogical Society of Ireland, Vol.7 No. 2 - 2006
- ↑ "History of The Bunscoill Ghaelgagh", Escolas da Illa de Man, Agosto de 2007. 4 de Xaneiro de 2006
- ↑ "Honour for History-Making School", Isle of Man Today, 26 de Xaneiro de 2006
- ↑ "Isle's Gaelic heritage celebrated", BBC News, 4 de Novembro de 2005
- ↑ "Islanders celebrate Manx language", BBC News, 31 de Outubro de 2005
- ↑ Results look better in English, Raili SepŠnen accessed 4 January 2008
- ↑ 7,0 7,1 Results look better in English, Times Education Supplement, 9 January 2004
- ↑ Two languages are better than one, The Guardian 3 March 2004