Inverness
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Inverness (homónimos).
Inverness ou Inbhir Nis en gaélico escocés é a única cidade da área municipal escocesa da Terra Alta.
Índice |
[editar] Localización e características
A cidade atópase na desembocadura do río Ness no estuario do Moray, e serve de punto de conexión entre diversos medios de transporte. Os primeiros estabelecementos humanos na zona datan do século VI aC, e a primeira carta póboa do século XIII. Preto dela tivo lugar a batalla de Culloden, no século XVIII.
A comezos do século XXI, Inverness ten unha poboación de 55.000 habitantes. Entre os múltiples eventos deportivos e culturais que acolle a cidade, destacan os Highland games locais, así como os partidos do equipo de fútbol local, o Inverness Caledonian Thistle F.C., que xoga na liga escocesa de fútbol.