Lingua picta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picto
Falado en: Escocia
Extinción: 900
Familia: Linguas celtas?
 Picto
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: cel
ISO 639-3: xpi

A lingua picta era a lingua dos antigos pictos, na actual Escocia. Os únicos restos desta lingua están en topónimos, nomes propios atopados nos monumentos e nos rexistros da época. Na súa máxima extensión debeu falarse desde as Shetland ata Fife.

A clasificación da lingua picta é algo controvertido aínda. Influente é o parecer que nunha revisión sobre o picto fixo Jackson, quen considerou que o picto podía non ser celta ou ter un substrato non céltico. Con todo Forsyth non está de acordo.

Opinións sobre a lingua picta[editar | editar a fonte]

En 1582, o estudoso humanista (e falante nativo do gaélico) George Buchanan, expresou a opinión que o picto era similar a linguas como o galés, galo e gaélico. O resto da investigación sobre esta lingua ten sido descrita como comentarios á obra de Buchanan. [1]

De acordo con W. B. Lockwood (1975) a opinión de que o picto é unha lingua celta é algo provisional. Referíndose a unha inscrición nas Shetland escribe: "Cando se extraen os nomes de persoa, o resto é totalmente incomprensíbel. Así na pedra de Lunnasting nas Shetland pódese ler ettocuhetts ahehhttann hccvvevv nehhtons. A última palabra é claramente o comunmente testemuñado nome Nechton, pero o resto, mesmo tendo en conta unha eventual reduplicación de consoantes en Ogam, parece tan exótico que os filólogos conclúen que o picto foi unha lingua non indoeuropea sen parentes recoñecíbeis.

Con todo, a evidencia da toponimia e a antroponimia leva claramente a que os pictos falaban unha lingua céltica insular, en relación coas máis meridionais linguas britónicas[2] aínda que se propuxo tamén que a lingua era máis próxima ao galo que ás linguas britónicas.[3] Columba, un gaélico, necesitou un intérprete na terra dos pictos, e Beda afirmaba que os pictos falaban unha lingua diferente da dos britóns, xuízos que non din nada sobre a natureza da lingua picta. Chegouse a afirmar que na terra dos pictos sobreviviran unha ou dúas linguas non indoeuropeas, un argumento que se considera baseado ante todo na limitada evidencia negativa e na hai tempo descartada teoría de que as linguas e as culturas materiais só se poden expandir por invasión ou migración.[4] Elementos preindoeuropeos poden atoparse frecuentemente en topónimos escoceses setentrionais, e alguén expuxo a teoría de que algunhas inscricións ogámicas pictas poidan estar presentando exemplos desta lingua.

Testemuños da lingua picta[editar | editar a fonte]

Os topónimos a miúdo permítenos deducir a existencia de asentamentos históricos pictos en Escocia. Os que portan o prefixo "Aber-" (‘esteiro’), "Lhan-" (‘cemiterio’), "Pit-" (‘porción’, ‘granxa’), ou "Fin-" (‘outeiro’ [?]) indican rexións habitadas por pictos no pasado (por exemplo: Aberdeen, Lhanbryde, Pitmedden, Pittodrie, Findochty, etc). con todo, "Pit-" é o elemento máis distintivo, pois "Aber-" tamén podemos atopalo en lugares nos que se falou britónico. Algúns dos elementos pictos, como "Pit-", formáronse despois da época picta, e poden referirse a antigos "condados" ou "thanages".[5] Outros elementos toponímicos que se suxeriron foron "pert" (‘valo’, galés perth - Perth, Larbert), "carden" (‘maleza, mato’, galés cardden - Pluscarden, Kincardine), "pevr" (‘brillante’, galés pefr - Strathpeffer, Peffery).[6]

A evidencia da toponimia tamén revela o avance do gaélico no país dos pictos. Así, Atholl, que significa Nova Irlanda, está testemuñado a principios do século VIII. Isto pode ser un ídice do avance do gaélico. Fortriu tamén contén topónimos que suxiren asentamentos gaélicos, ou influencias gaélicas.[7] Hai un número de préstamos pictos no moderno gaélico escocés.

Ademais de antropónimos Beda aporta un único topónimo picto (HE, I, 12), cando fala do muro de Antonino:

Comeza a unha distancia de sobre dúas millas do mosteiro de Abercurnig, no oeste, nun lugar chamado na lingua picta Peanfahel, e na lingua inglesa, Penneltun, e discorre cara o oeste, finaliza preto da cidade de Alcluith.

Peanfahel – a moderna Kinneil, preto de Bo'ness – parece conter elementos relacionados co britónico penn 'no cabo' e goidélico fal 'muro'. Alcluith, 'rocha do Clyde', é a moderna Dumbarton Rock, sitio dunha moi antiga fortaleza medieval e un posterior castelo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Esta opinión pode que teña algo de simplificación: Forsyth, in Language in Pictland, ofrece un curto resume do debate. Cowan, "Invention of Celtic Scotland" pode ser útil para unha visión máis ampla.
  2. Forsyth, Language in Pictland, Price "Pictish", Taylor, "Place names", Watson, Celtic Place Names. Para as opinións de Kenneth H. Jackson, ver "The Language of the Picts" in Wainright (ed.) The Problem of the Picts.
  3. Ferguson, The Identity of the Scottish Nation.
  4. Forsyth, Language in Pictland; a relación entre euskera e picto preconizada por Federico Krutwig non parece axeitada. A páxina web de Gorka J. Palazio presenta algunhas das ideas de Krutwig.
  5. Para a toponimia en xeral, ver Watson, Celtic Place Names, para condados/thanages ver Barrow, "Pre-Feudal Scotland."
  6. Glanville Price, "Pictish", p.128.
  7. Watson, Celtic Place Names.
  8. Nicolasen, Scottish Place-Names, pp. 204-205.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ball, Martin J. and James Fife (eds.) The Celtic Languages. London: Routledge (2001) ISBN 0-415-28080-X.
  • Cox, R. A. V. "Abstract: Modern Scottish Gaelic Reflexes of Two Pictish Words: *pett and *lannerc." in Ronald Black, William Gillies, and Roibeard Ó Maolalaigh (eds.) Celtic Connections: Proceedings of the Tenth International Congress of Celtic Studies, Vol. 1. East Linton: Tuckwell Press (1999), p. 504.
  • Ferguson, William. ; The Identity of the Scottish Nation Edinburgh University Press, 1999. ISBN 0-7486-1071-5.
  • Forsyth, K. Language in Pictland : the case against 'non-Indo-European Pictish' in Studia Hameliana #2. Utrecht: de Keltische Draak (1997). Etext Rev. Damian McManus. Cambrian Medieval Celtic Studies #38 (Winter 1999), pp. 109-110.
  • Forsyth, K.; "Abstract: The Three Writing Systems of the Picts." in Black et al. (1999), p. 508.
  • Griffen, T.D.; "The Grammar of the Pictish Symbol Stones" in LACUS Forum #27 (2001), pp. 217-26.
  • Henderson, Isabel, The Picts (1967).
  • Lockwood, W.B., Languages of The British Isles, Past And Present, 1975, André Deutsch, ISBN 0-233-96666-8.
  • Nicolaisen, W.F.H., Scottish Place-Names. John Donald, Edinburgh, 2001. ISBN 0-85976-556-3.
  • Okasha, E.; "The Non-Ogam Inscriptions of Pictland" in Cambridge Medieval Celtic Studies #9 (1985), pp. 43-69.
  • Price, Glanville, "Pictish" in Glanville Price (ed.), Languages in Britain & Ireland. Blackwell, Oxford, 2000. ISBN 0-631-21581-6.
  • Wainwright, F.T. (editor), The Problem of the Picts (1955). ISBN 0-906664-07-1.