Acento ortográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Á á
É é
Í í
Ó ó
Ú ú

O acento gráfico é un signo da escrita que se risca sobre letras ou números.

O acento ortográfico do idioma galego chámase habitualmente acento (non se confunda co til ou til de nasalidade) e é unha raíña ( ́ ) que se escribe sobre as vogais (á, é, í, ó, ú, Á, É, Í, Ó, Ú). O acento é unha palabra ambigua: ademais do acento gráfico existen o acento prosódico e o acento rexional (ou maneira de falar). Pola súa banda, til habitualmente refírese ao til de nasalidade, mais tamén pode ser calquera raíña dunha letra, incluíndo o pauciño do t ou a onda sobre o Ñ. Considerando isto, acento e til non son sinónimos na lingua galega en ningunha das acepcións.

Comparando con outros idiomas coma o portugués que teñen “acento grave” (à) e circunflexo (â), o acento do galego denomínase acento agudo. En galego ás veces úsase erroneamente acento e til como sinónimos, probabelmente porque en español acento e tilde son sinónimos en unha das súas acepcións, mais débese evitar este erro.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]