Gaeltacht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Rexións de Irlanda recoñecidas oficialmente como Gaeltacht.
Sinal indicativo dunha zona Gaeltacht (en Inis Oírr).

Gaeltacht ou Gaedhealtacht (en plural Gaeltachtaí ou Gaedhealtachtaí) é un termo en lingua irlandesa que se emprega para identificar as áreas onde se fala irlandés de xeito maioritario. En Irlanda úsase para referirse de forma individual ou colectiva aos distritos onde o goberno recoñece que a lingua é vernácula ou a lingua maioritaria dos fogares.[1] Os límites dos Gaeltachtaí inclúen tamén unha importante porcentaxe de falantes de inglés dende os tempos das colonizacións de Irlanda.

A poboación actual das áreas Gaeltachtaí é de aproximadamente 85.000 persoas, con concentracións de falantes nos condados occidentais de Dhún na nGall, Maigh Eo, Gaillimhe, Ciarraí e Chorcaí.

En marzo de 2005, o Ministro de Asuntos da Gaeltacht anunciou que os sinais de tráfico estarían exclusivamente en gaélico irlandés.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario Merriam-Webster (ed.). "Definición de Gaeltacht". Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]