Dativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CASOS
LATINOS
Nominativo
Vocativo
Acusativo
Xenitivo
Dativo
Ablativo
Outros casos


O caso dativo aplícase a substantivos e pronomes. Este caso marca normalmente o complemento indirecto, polo que serve para expresar a persoa ou cousa que recibe o dano ou proveito da acción verbal. Así que responde ás preguntas: «a quen?» ou «para quen?», formuladas ao verbo. Por exemplo: o neno escribe unha carta ao seu pai. Pero ademais existen outros usos como o de posesión, por exemplo en latín vulgar e, en menor medida, o latín clásico.

O seu nome vén do latín datiuus, do verbo dare, 'dar'.

O uso do dativo era común entre as primeiras linguas indoeuropeas e continúa usando en numerosas linguas como as eslavas, as bálticas e as xermánicas, entre outras. Ademais, hai linguas non indoeuropeas que tamén empregan este caso con formas similares. Por exemplo as linguas fino-húngaras, o navaho e o xaponés.

Algunhas das linguas enque se emprega ou se utilizou o dativo son:

[editar] Enlaces exteriores

  • Dativo e datividade (nivel avanzado). Artigo escrito por Karmele Rotaetxe Amusategui e publicado na Revista Española de Lingüística.


Caso gramatical das linguas aglutinantes e flexivas (por orde alfabética)
ablativo, acusativo, comitativo, dativo, ergativo (ergatividade), inesivo, nominativo, vocativo, xenitivo; véxase tamén: temporal
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas