Epéntese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A epéntese é o fenómeno fonolóxico (ou fonético) consistente na adición dun fonema (ou son) na posición media dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas.

Un exemplo pode ser o paso de aldea a aldeia ou de a alma a a i-alma. Este último exemplo é moi habitual na lingua galega coloquial e denomínase "i epentético antihiático" (cf. anaptixe).

Exemplo de uso:

Voume prá beira do río
que consola ouvir a iauga,
porque a iauga vai dicindo
todo pasa, todo pasa.