Conxugación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paradigma regular en galego.

A conxugación dun verbo son as variacións que sofre segundo as circunstancias nas que se use. Hai conxugacións regulares (que seguen unhas regras comúns a moitos verbos) e irregulares (que se poden considerar como excepcións das primeiras)

As irregularidades principais poden ser de tres tipos: ortográficas, fonolóxicas e temáticas. As ortográficas prodúcense pola non correspondencia exacta entre o que se pronuncia e o que se escribe. As fonolóxicas débense ás alternancias dos graos de abertura nas raíces dos verbos ó longo da súa conxugación. As temáticas xurden cando os verbos presentan variacións formais nos temas na conxugación. Os principais verbos irregulares en galego son:

  • Caber
  • Dar
  • Dicir
  • Estar
  • Haber
  • Ir
  • Poder
  • Poñer
  • Pór
  • Pracer
  • Querer
  • Saber
  • Ser
  • Ter v. irreg. Conxugación: Indic.: pres. teño, tes, ten, temos, tendes ou tedes, teñen; imperf. tiña, tiñas, tiña...; perf. tiven, tiveches, tivo, tivemos, tivestes, tiveron; plusc. tivera, tiveras, tivera...; fut. terei, terás, terá...; fut. pret. tería, terías...; Subx.: pres. teña, teñas, teña...; imperf. tivese, tiveses, tivese...; fut. tiver, tiveres, tiver, tivermos, tiverdes, tiveren; Imperat. ten, tende ou tede; Inf. conx. ter, teres, ter, termos, terdes, teren. Xer. tendo. Part. tido.
  • Traer
  • Ver
  • Vir

No entanto, hai certos verbos que en galego son regulares pero nos que hai confusión debido á influencia do castelán (v. Castelanismo)

  • andar;
  • os verbos rematados en "-ucir": conducir, traducir, reducir,... ;
  • os verbos rematados en "-uír";

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Conxugación