Imperativo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
Gramática
|
| Tempos verbais |
| Indicativo |
| Subxuntivo |
| Imperativo |
| Formas infinitas |
O Imperativo é un modo gramatical do verbo. Con el procúrase determinada reacción no receptor ou receptores. Enúnciase no tempo presente, mais refírese a unha acción que se ha desenvolver no futuro. Ao implicar ao receptor, o paradigma deste modo simplifícase sensibelmente, nas persoas de 2ª do singular e plural e no tratamento de cortesía empréganse as formas de Presente de subxuntivo: Fagan o favor de seguir as indicacións
Valores [editar]
- De mandato: Fai o que che digo
- Súplica: Escóitame un momento
- Consello: Conduce a modo
- Invitación: Venme visitar nas próximas vacacións
Formas [editar]
| anda | varrese | parte |
| andade | varrede | partide |