Juan Velasco Alvarado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Velasco Alvarado
Juan Velasco Alvarado
Juan Francisco Velasco Alvarado
Presidente de Perú
Período: 3 de outubro de 1968 - 30 de agosto de 1975
Antecesor: Fernando Belaúnde Terry
Sucesor: Francisco Morales Bermúdez
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 16 de xuño de 1910
Lugar: Rexión de Piura, Perú
Falecemento: 24 de decembro de 1977
Lugar: Lima, Perú
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Consuelo Gonzáles Posada
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: militar
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Juan Francisco Velasco Alvarado, nado na Rexión de Piura o 16 de xuño de 1910, e morto en Lima o 24 de decembro de 1977, foi un militar e político peruano.

Sendo xefe do Comando Conxunto das Forzas Armadas de Perú, dirixiu o golpe de estado do 3 de outubro de 1968 que depuxo o presidente Fernando Belaúnde Terry, electo democraticamente. Ocupou a presidencia de facto do Perú entre 1968 e 1975 no autodenominado Goberno Revolucionario das Forzas Armadas. O seu mandato coñécese tamén como a primeira fase do Goberno Militar (1968-1980), que durou até o seu derrocamento como presidente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e xuventude[editar | editar a fonte]

Naceu en Castela, un anexo da cidade de Piura, o 16 de xuño de 1910 no seo dunha familia traballadora. Fillo de Juan Francisco Velasco Galo e de Clara Luz Alvarado, cursou estudos escolares primarios no Centro Escolar N° 21 e secundarios no Colexio San Miguel, ambos na súa cidade natal.

Carreira militar[editar | editar a fonte]

En 1929, emigrou a Lima, onde se incorporou ao exército como recruta. Logo, asistiu á Escola Militar de Chorrillos, de onde saíu como subtenente de infantaría. Pasou a estudar á Escola Superior de Guerra (1944), onde máis tarde foi profesor de Infantaría, Táctica e Estado Maior (1946). Co grao de tenente coronel dirixiu a Escola Militar (1952), para despois ocupar un cargo similar á fronte da Escola de Infantaría, até chegar a xefe de Estado Maior da IV División do Centro de Instrución Militar do Perú (1955-1958).

Ascendido a Xeneral de Brigada do Exército do Perú no goberno de Manuel Prado Ugarteche en 1959, foi Agregado Militar na Embaixada do Perú en París, Francia (1962) e, para 1965, era xa Xeneral de División EP. En xaneiro de 1968, asumiu o Comando Xeral do Exército e a presidencia do Comando Conxunto das Forzas Armadas do Perú, cargo que foi creado polo goberno de Manuel Prado Ugarteche.


Presidente de Perú

Segue a:
Fernando Belaúnde Terry
Juan Velasco Alvarado
Precede a:
Francisco Morales Bermúdez
militar