Selangor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Selangor é un estado de Malaisia, localízase na costa oeste da península de Malaisia. Nos seus 7.956 km² viven 4.100.000 persoas, 44% malaios, 35% chineses e 18% indios. A capital é Shah Alam, unha cidade satélite de Kuala Lumpur. Selangor é unha monarquía herditaria rexida por un sultán, actualmente Sharafuddin Idris Shah que reside na cidade de Klang. Datuk Seri é o primeiro ministro (Menteri Besar)

Historia[editar | editar a fonte]

No século XV Selangor estivo gobernado por Malaca, despois da conquista de Malaca polos portugueses en 1511 Selangor os portugueses, Johor, Aceh e Siam disputáronse o territorio. No século XIX os chineses chegaron ao sultanato. En 1874 o sultán viuse obrigado a aceptar a un conselleiro británico na súa capital. En 1896 con Negri Sembilan, Perak e Pahang formou a Estados Federados Malaios, con capital en Kuala Lumpur, cidade de Selangor, que deixou de pertencer a Selangor en 1974 ao se converter en territorio federal.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web oficial (en malaio)