Servizo de Correos
| Servizo de Correos | ||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||
|
Servizo de Correos é unha novela en inglés escrita por Charles Bukowski e publicada en 1971 por Black Sparrow Books co título orixinal de ou Post Office. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar, publicada en 2011 pola editorial Hugin e Munin[1]. Do mesmo modo que Pan con xamón está considerada unha obra autobiográfica da súa infancia, esta novela é unha autobiografía dos seus anos posteriores. Está protagonizada por Henry Chinaski, o alter ego de Bukowski.
Trama[editar]
Chinaski consigue traballo en Los Angeles como carteiro substituto do Servizo Postal dos Estados Unidos. Na primeira etapa, repartindo sen rutas fixas, adoita tardar máis do establecido, o que lle supón rifas dos xefes. Despois consegue unha ruta fixa, pero ao pouco decide deixalo. Casa e marcha a Texas, pero regresa na procura doutros traballos. Pouco despois, divórciase e regresa ás estafetas.
Logo dun período de dous anos, convértese en fixo, e o traballo na oficina vólvese rutineiro e aburrido. Sobrelévao con borracheiras, mulleres (e cunha filla) e apostando nos hipódromos.
Narración[editar]
Esta é a primeira novela de Bukowski, e está "dedicada a ninguén". Nela, o autor ten unha cínica visión do mundo. Cobre o período en que traballou de carteiro, desde 1952 aproximadamente até 3 anos despois, e desde o seu regreso en 1958 até 1969.
Segundo o documental Born into This, o fundador e propietario de Black Sparrow Press, John Martin, ofreceu a Bukowski 100 $ ao mes para o resto da vida se deixaba de traballar de carteiro e se dedicaba a escribir a tempo completo. Aceptou, e escribiu esta obra en "vinte e unha noites", segundo di ao comezo de Women.
Aparecen personaxes femininos da vida de Bukowski, como Jane Cooney Baker ("Betty"), que era alcohólica e 11 anos maior, ou a súa primeira muller, Barbara Frye ("Joyce"),que aparece retratada coma unha ninfómana.
Notas[editar]
- ↑ Nova da publicación da obra en galego, en El País. 21 de decembro de 2011