Theodor Storm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Storm en 1886.

Hans Theodor Woldsen Storm, nado o 14 de setembro de 1817 en Husum (Schleswig-Holstein), daquela parte de Dinamarca, hoxe Alemaña, e finado o 4 de xullo de 1888 en Hademarschen, foi un escritor xermano-dinamarqués en lingua alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Storm naceu en Husum (die graue Stadt am grauen Meer, "a cidade gris á beira do mar gris"), na costa occidental de Schleswig-Holstein. Mentres era estudante de dereito, publicou o seu primeiro volume de obras en verso, canda os irmáns Tycho e Theodor Mommsen. Traballou como avogado en Schleswig-Holstein, pero emigrou a Thuringen en 1851, e non regresou até 1864, cando Schleswig-Holstein volveu ser alemán.

Escribiu varias historias, poemas e novelas. As súas dúas obras máis coñecidas con Immensee (1849)[1] e Der Schimmelreiter, publicada por vez primeira en abril de 1888 no Deutsche Rundschau. Outras obras publicadas inclúen un volume de poemas (1852), a novela Pole Poppenspäler (1874) e mais Aquis submersus (1877), tamén novela.

Influencias[editar | editar a fonte]

Os seus poetas favoritos eran Joseph von Eichendorff e Eduard Mörike, e a influencia do primeiro é notable. Durante unha visita a Baden-Baden no verán de 1864, convidado polo seu amigo, o escritor e pintor Ludwig Pietsch, coñeceu a Iván Turgénev. Durante varios anos intercambiaron correspondencia e copias dos seus traballos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Der kleine Häwelmann. Märchen. 1849
  • Immensee. Novela. Berlín, Duncker 1851
  • Die Stadt. 1852
  • Im Sonnenschein. Berlín, 1854
  • Gedichte. Berlín, Schindler 1856
  • Auf dem Staatshof. 1859
  • Veronica. 1861
  • Im Schloß. Leipzig, 1862, Nr. 10–12
  • Auf der Universität. Münster, Brunn 1863
  • Die Regentrude. Märchen. 1863
  • Viola tricolor. Novela. 1874
  • Pole Poppenspäler. Novela. Braunschweig, Westermann 1875
  • Aquis submersus. Novela. Berlín 1877
  • Carsten Curator. Novela. Berlín 1878
  • Renate. Novela. 1878
  • Die Söhne des Senators. Novela. 1880
  • Hans und Heinz Kirch. Novela. Berlín 1883
  • Zur Chronik von Grieshuus. Novela. Berlín 1883-1884
  • Bötjer Basch. Berlín 1887
  • Ein Doppelgänger. 1887. Tamén publicado co título John Glückstadt.
  • Es waren zwei Königskinder. Berlín, 1888
  • Der Schimmelreiter. Novela. Berlín, 1888
  • Schlaflos
  • Ich bin mir meiner Seele
  • Knecht Ruprecht
  • Sturmnacht
  • Weihnachtslied

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Theodor Storm

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]