O forasteiro misterioso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O forasteiro misterioso
Eseldorf era un paraíso para os rapaces.
Título orixinalThe Mysterious Stranger
Autor/aMark Twain
Ilustrador/aNewell Convers Wyeth
OrixeEUA
LinguaInglés
ColecciónNarrativa
Xénero(s)Novela
EditorialHarper
Editorial Hugin e Munin
Data de pub.1916
2011
Páxinas176
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

O forasteiro misterioso[1] é unha novela do autor estadounidense Mark Twain, publicada orixinalmente en 1916 co título en inglés de The Mysterious Stranger. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar,[2] e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2011.[1] Está ambientada nunha aldea austríaca durante o século XVI.

Características[editar | editar a fonte]

Traballou nela de maneira periódica entre os anos 1890 e 1910. O corpo do texto é unha severa crítica social que Twain dirixe sobre o sentido moral e relixioso da "maldita raza humana". O escritor deixou a consigna de que a obra non fose publicada até despois da súa morte, como así sucedeu.

Twain escribiu múltiples versións da historia, todas elas inacabadas e con Satanás como protagonista. A primeira das versión é decote referida como The Chronicle of Young Satan (este Satán é o sobriño do Satán bíblico).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 O forasteiro misterioso. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2011. ISBN 978-84-939647-1-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]