Morgan Robertson
Morgan Robertson nado o 30 de setembro de 1861 e finado o 24 de marzo de 1915, foi un famoso escritor norteamericano de pequenos relatos e novelas, tamén é considerado como o posible inventor do periscopio.
Traxectoria [editar]
Hoxe en día é coñecido por ser o autor da novela Futility, publicada en 1898. A historia mostra a un barco de pasaxeiros inglés o Titan, do que se dicía que era insomerxible, polo que levaba poucos botes salvavidas. Nunha viaxe no mes de abril, o Titan choca contra un iceberg e afunde no Atlántico norte coa perda da maioría da pasaxe.
As semellanzas entre o afundimento do Titan e o afundimento do RMS Titanic en 1912 atraen aínda hoxe a atención aínda que haxa algunhas diferenzas: por exemplo, o Titan afunde case ó momento de chocar mentres que o Titanic tarda case tres horas.
En 1905, o libro de Robertson titulado O submarino destrutor saíu á venda. Describía como un submarino que empregaba un obxecto chamado periscopio. Malia coas reclamacións por parte de Roberson de ter inventado o prototipo de periscopio, Lake e Grubbs perfeccionárono empregándoo no U.S Navy no ano 1902, 3 anos antes da novela de Robertson.
O 24 de marzo de 1915, Morgan Robertson foi atopado morto no Hotel Alamac de Atlantic City en Nova Jersey. Tiña 53 anos de idade.
