Hugin e Munin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata de elementos da mitoloxía nórdica. Para a editorial homónima vexa Editorial Hugin e Munin.

Hugin e Munin son, na mitoloxía nórdica, un par de corvos asociados co deus Odín. Hugin e Munin viaxaban ao redor do mundo escolmando as novas e recompilando información para Odín. Hugin é o pensamento e Munin é a memoria. Ambos os dous eran enviados á alba a recoller información e regresaban pola tarde. Pousábanse nos ombreiros do deus e rumoreaban todas as noticias.

Características[editar | editar a fonte]

Retratos de Odín cos corvos poden ser encontrados en bracteates dourados do Período de Migración, en placas do casco da Era Vendel, nun par de broches idénticos en forma de ave da Idade do Ferro Xermánica, en obxectos da Era viquinga representando un home de bigote usando un casco e unha parte do século X ou XI da Cruz de Thorwald. O papel de Hugin e Munin como mensaxeiros de Odín ten sido asociado a prácticas xamánicas, a estandarte do corvo nórdica, ao simbolismo xeral do corvo entre os pobos xermánicos, e mais aos conceptos nórdicos de fylgja e de hamingja.

Versos[editar | editar a fonte]

Huginn ok Muninn
fljúga hverjan dag
Jörmungrund yfir;
óumk ek of Hugin,
at hann aftr né komi-t,
þó sjámk meir of Munin.

Hugin e Munin
voan todos os días
ao redor do mundo;
non temo que Hugin
non regrese,
máis si temo por Munin.

Edda poética - Grímnismál, estrofa 20.[1][2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grímnismál". Edda poética. trad. H. A. Bellows (1936). http://www.sacred-texts.com/neu/poe/poe06.htm. 
  2. "Grímnismál". Edda poética. Versión en nórdico antiguo.. http://www.heimskringla.no/original/edda/grimnismal.php. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Orchard, Andy (1997). Diccionario de Mitos y Leyendas nórdicas. Cassell. ISBN 0-304-34520-2
  • Petersen, Peter Vang (1990). "Los cuervos de Odin" recollido na obra Oldtidens Ansigt: Faces of the Past. Det kongelige Nordiske Oldskriftselskab. ISBN 87-7468-274-1