Chinua Achebe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chinua Achebe - Buffalo 25Sep2008 crop.jpg

Chinua Achebe, nado en Ogidi en 1930 e finado en Boston, Massachusetts o 22 de marzo de 2013[1], foi un escritor nixeriano, considerado o pai da novela angloafricana.

Traxectoria [editar]

Naceu no seo dunha familia igbo, estudou na Universidade de Ibadán e foi director do servizo exterior da NBC en 1961. Ao formarse a República de Biafra, Achebe, formou parte do seu servizo diplomático. En 1971 fundou o xornal literario en inglés, Okike e foi tamén editor do xornal literario en igbo e inglés, Uwa ndi Igbo (1984).

Da súa novela Things Fall Apart, que publicou en 1958 vendeu 10.000.000 de exemplares en 50 linguas. En lingua galega, a finais de 2012 publicouse a súa obra Un home do pobo (publicada orixinalmente en inglés en 1966 baixo o título A Man of the People), en tradución de Begoña R. Outeiro.

Obra [editar]

  • Things Fall Apart, 1958
  • No Longer at Ease, 1960
  • The Sacrificial Egg and Other Stories, 1962
  • Arrow of God, 1964
  • A Man of the People, 1966
  • Chike and the River, 1966
  • Beware, Soul-Brother, and Other Poems, 1971
  • Vultures, 1982
  • Girls at War and Other Stories, 1973
  • Christmas at Biafra, and Other Poems, 1973
  • Morning Yet on Creation Day, 1975
  • The Flute, 1975
  • The Drum, 1978
  • The Trouble With Nigeria, 1984
  • Anthills of the Savannah, 1988
  • Hopes and Impediments, 1988
  • Another Africa, 1998
  • Home and Exile, 2000
  • Collected Poems, 2004

Notas [editar]