Oroonoko
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oroonoko é unha novela curta da escritora británica Aphra Behn, que foi publicada en lingua inglesa en 1688. Foi traducida ao galego por Marifé González, e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2012.
Características [editar]
A obra, cuxo protagonista é un africano escravizado e levado a Surinam durante a década de 1660, conta unha tráxica relación amorosa que, aparentemente, foi inspirada nas viaxes que a propia autora fixo ás colonias suramericanas. Adoita afirmarse que Behn foi a primeira inglesa que se dedicou profesionalmente á composición de novelas e pezas teatrais. Oroonoko cóntase entre as máis antigas novelas da lingua inglesa, e describe ben o sistema escravista da época.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Texto inglés con ortografía modernizada no fondo dixital da Universidade de Adelaida. (en inglés)
- Ficha na web da editorial.