Ignacio Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIgnacio Chao
Biografía
Nacementonovembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

José Ignacio Chao Castro, nado en Pontedeume en novembro de 1968, é un tradutor, poeta, xornalista e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Xornalismo[1] en Salamanca e Madrid, tendo colaborado en Radio Intercontinental nesta última cidade e nas páxinas culturais de El Mundo de Galicia. Foi un dos primeiros en facer xornalismo exclusivamente para Internet, a finais dos anos noventa, para o Rías Baixas Magazine.

Desa época é tamén a súa obra poética Corazón de segundas partes (Soc. Cultural Valle-Inclán, 1998) co que conseguiu o XVII Premio Esquío de poesía. A esta obra seguiulle un silencio poético roto con Taciturno peregrino (Fotoxoguete, 2007), un fotopoemario sobre o Camiño de Santiago feito en colaboración cos fotógrafos Carlos Puga e Nacho Gómez.

Actualmente traballa como coordinador literario no departamento de literatura do grupo Edelvives. Encárgase así mesmo das coleccións Ala Delta e Catavento da Editorial Tambre, oficio que compaxina coa tradución, principalmente da literatura infantil e xuvenil e de maneira puntual da destinada ao público adulto.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Corazón de segundas partes, Soc. Cultural Valle-Inclán, 1998, XVII Premio Esquío de poesía
  • Taciturno peregrino, Fotoxoguete, 2007.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]